Unha vintena de establecementos da comarca colaboran na iniciativa popular Xabarín

19 Outubro 2020

A Mesa pola Normalización Lingüística informou do comezo da recollida de sinaturas para a iniciativa parlamentaria popular Xabarín. Na campaña están a colaborar máis de 250 establecementos de todas as nosas comarcas, incluída a do Barbanza, recadando rúbricas para a dita iniciativa parlamentaria que, como lembraremos, busca mellorar a programación infantil e xuvenil en galego e acompañar estas melloras cunha aplicación móbil da TVG con contidos de calidade na nosa lingua. Polo Barbanza participan dezasete locais, unha vintena se incluímos Muros e Carnota.

Presentación en Santiago da iniciativa

Están dispoñíbeis para a recollida de sinaturas os seguintes establecementos: por Ribeira a Libraría Arigató, a Cafetería Cocoluche, a Cafetería Albatros, Tapería Cocoluche a a tenda-bar A de Ramona, en Artes. Na Pobra contribúen a Libraría Ler e A de Rosa. En Boiro fano a xoguetería Toy Club, a Libraría García, Sargadelos Boiro, a Libraría Nobel e máis a Farmacia Susana Blanco Alcalde. En Rianxo están a colaborar Don Dino e o Bar Atalalia. En Porto do Son o Bar Xavi e en Noia e Outes A Agra de Noé (tenda ecolóxica) e máis Cermanx Outes.

A web da Mesa recolle nun mapa a localización dos puntos de recollida de sinaturas, co obxectivo, en palabras da plataforma, de “facilitar o labor das persoas que queiran apoiar a petición de que a CRTVG aumente a oferta en galego destinada á infancia e á mocidade nas televisións públicas a través dunha canle Xabarín, con programación atractiva, actual, educativa e de produción galega dirixida ao público infantil e xuvenil e dispoñíbel en todas as plataformas dixitais, así como nunha app actualizada que conten ademais con programas e xogos”.

A proposta tamén insta ao Goberno galego a “adoptar as medidas e accións precisas para garantir a opción dobrada e lexendada ao galego nas plataformas dixitais e que TVE emita con opción dobrada ao galego todos os contidos da súa canle infantil e xuvenil e da súa aplicación móbil para o público infantil”. O Goberno galego deberá tamén adoptar as medidas necesarias que permitan a recepción mutua RTP – TVG en Galiza e Portugal segundo o contemplado na Carta Europea de Linguas Rexionais ou Minoritarias.

A petición, que reuniu a través da web preto de 15000 sinaturas, chega deste xeito á fase de recollida física de apoios, “imprescindíbel para o trámite parlamentario”, explicou a entidade impulsora da iniciativa.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.