Soben os positivos de Covid-19 a 289, 43 en UCI en Galicia. Ribeira e O Son seguen en alerta 1

18 Outubro 2020

Os pacientes diagnosticados de COVID-19 que permanecen ingresados en hospitais de Galicia volveron a subir en 24 horas, ata situarse no total de 289 este domingo, 14 máis que o sábado. De todos eles, hai 43 nas unidades de coidados intensivos (UCI), tres máis que hai un día.

A Consellería de Sanidade informou na mañá deste domingo con datos recolleitos ata ás 18,00 horas do sábado que a área de Santiago e Barbanza conta este domingo con 41 hospitalizados, os mesmos que hai 24 horas. En concreto, 38 están no CHUS –oito en UCI– e dúas no HM Rosaleda da capital galega.

Na área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco presentan o maior caso de hospitalizados con 111 pacientes ingresados, unha ducia máis que onte. Destes, 13 atópanse en críticos –un máis–, un deles no Centro Médico do Carmen e o resto no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO), que tamén acolle 86 ingresados en unidades convencionais. No hospital de Verín hai oito pacientes, no do Barco hai tres e no centro privado Santa Teresa, un.

Na área sanitaria da Coruña, subiron en seis, ata os 54, as persoas diagnosticadas con COVID que están hospitalizadas, seis delas en críticos –cinco no Chuac e unha no Hospital Modelo–. En canto aos pacientes en planta, 45 están no Chuac, un no Hospital de Cee, un no Modelo e outro na clínica Quirón.

Na área sanitaria de Vigo, que segundo o último balance lidera os positivos diarios detectados, subiron en tres os pacientes de coronavirus hospitalizados, ata o total de 36. O Álvaro Cunqueiro concentra a maior parte dos pacientes –31, dos que cinco están en críticos–, seguido de Povisa –tres– e o Vithas Fátima –dous, un deles en UCI–.

Na área de Lugo-A Mariña-Monforte son 21 os hospitalizados con coronavirus, os mesmos que o sábado. O Hospital Universitario Lucus Augusti ( HULA) acumula 19, dos que dous están en UCI, e os hospitais de Burela e Monforte contan cun paciente en planta cada un.

En Pontevedra e O Salnés ascenderon nunha as persoas ingresadas, ata as 21, das que 16 –catro en unidades de críticos– están no CHOP. Das cinco restantes, o Hospital do Salnés ten catro persoas en hospitalización convencional e o Quirón, un.

Finalmente, os pacientes de COVID-19 ingresados no Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol ( CHUF) mantéñense en cinco, todos eles en planta. Así, a área sanitaria ferrolá continúa como a única de toda Galicia sen pacientes en UCI.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Momentos Altos”. Mario Clavell

“Momentos Altos”. Mario Clavell

Camino dos minutos pisando hojas caídas de los olmos de Santa Clara. A través de losauriculares oigo el andante del concierto 2 para piano de Rachmaninov, plas, plas, plas…Saludo al vecino José Antonio en la parada del bus número 6, y veo nubes blancas entre...

“Feijóo une su suerte a la de Mazón y Abascal”. Manuel Velo

“Feijóo une su suerte a la de Mazón y Abascal”. Manuel Velo

Mazón se desentendió de la Dana el día 29 al coger un día de asueto para mocear con una periodista, habiendo dicho que no pudo estar en contacto con emergencias por un apagón de falta de cobertura, una mentira más, cuando la periodista declaró que tuvo constantes...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.