“Sálvese quen poida”. José Manuel Pena

08 Outubro 2020

A frase filosófica de Hobbes, “o home é un lobo para o home”, está cada día de máis actualidade ante as innumerables situacións e actitudes que se producen, cotidianamente, nas nosas comunidades de veciños, barrios, pobos e cidades. Hobbes, sinalaba tamén entre outras cuestións que “o estado natural do home é a loita continua contra o seu próximo”.
Os sentimentos de desconfianza e os pensamentos negativos que moitas persoas teñen sobre os demais semellantes están a converter á nosa sociedade, metaforicamente falando, nun verdadeiro “campo de batalla”, onde o máis forte trata de atrincheirarse e afastarse da realidade, creándose un mundo paralelo, fóra do cal todos os demais son os seus inimigos aos que hai que vencer, a calquera prezo e por calquera medio ao seu alcance. O fin xustiza os medios.

A empatía, a solidariedade, a complicidade, a boa fe …, entre outros, son valores trasnoitadas para demasiadas persoas. O “sálvese quen poida”, como modo de vida, impera en demasiadas familias, grupos empresariais ou colectivos sociais en xeral, convertendo ás boas persoas en seres humanos con algunha patoloxía ou simplemente como meras pezas de museo.
Todo pola familia; os trapos sucios lávanse en casa; o único que me importa
son eu mesmo; quero ter e ter, amasar e amasar cantas máis cousas mellor; non me importa o mal que o está pasando o veciño, é o seu problema, son algúns pensamentos e a filosofía de vida de demasiadas persoas que non axudan a seguir construíndo un mundo moito máis humano, máis xusto, máis solidario e máis soportable para todos.

Outros artigos

“E veu. Daqueles pos, estas lamas” – Antón Luaces

O Sur de Europa, todo está no Sur: España foi a primeira, Francia a segunda e Italia a terceira. E todo parte dunhas protestas cidadáns que se xustifican nos baixos salarios laborais, nos altos/altísimos prezos do alugueiros das vivendas e a inseguridade ou...

+

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

+

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.