Desde o sábado en marcha a aplicación Passcovid, facilitará a xestión da pandemia

15 Outubro 2020

A Xunta porá en marcha desde o vindeiro sábado 17 de outubro da aplicación PassCOVID, unha canle de contacto telemática cos cidadáns para facilitar a xestión da pandemia. A nova app foi presentada esta mañá polo Presidente de Xunta, Alberto Núñez Feijóo na rolda de prensa posterior o consello semanal do executivo.

Un novo instrumento de apoio na loita contra a pandemia, que ofrece un contacto directo cos cidadáns e que, tal e como explicou, complementará á app estatal RadarCOVID, ofrecendo outras moitas funcionalidades grazas á colaboración voluntaria dos cidadáns.

Así, en primeiro lugar, PassCOVID ofrecerá información actualizada da situación da pandemia en toda a Comunidade, coa opción de seleccionar o concello que lle interese ao usuario para consultar as restricións e medidas vixentes nese momento. E comunicará sobre as alertas, os avisos e as recomendacións que as autoridades sanitarias emitan sobre a evolución da covid-19.

En segundo lugar, e se o usuario foi identificado como contacto estreito ou diagnosticado con covid-19, este poderá informar a través da app aos seus contactos estreitos, facilitando así o labor dos rastrexadores. Ademais, poderá rexistrar aqueles establecementos onde estivera mediante o uso dun código QR específico, dispoñible en cada local para este fin.

A maiores, esta nova aplicación ofrecerá tamén acceso a ferramentas do Servizo Galego de Saúde para o seguimento da enfermidade en pacientes que se atopan nos seus domicilios; así como acceso ao rexistro de viaxeiros para aquelas persoas que chegan á Comunidade procedentes de zonas de alta incidencia do virus.

Outros artigos

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

+

Convocada a XIII edición do Concurso de Poesía Albariza de Artes

O Centro Recreativo e Cultural de Artes, en colaboración co Concello de Ribeira (Área de Cultura) presentou o cartel e as bases do nova convocatoria do Concurso de Poesía Albariza de Artes, certame que alcanza este ano a súa décimo terceira edición. Esta iniciativa...

+

Unha delegación de Angola visita en Ribeira a Escola Náutico-Pesqueira

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, acompañou no día de hoxe a unha delegación procedente de Angola durante a súa visita á localidade que arrancou na Escola Oficial Náutico-Pesqueira para coñecer o modelo pesqueiro galego, con especial énfase na pesca tradicional....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.