O pleno urxente da Pobra saca adiante as dedicacións exclusivas do Goberno local

14 Outubro 2020

A Corporación da Pobra celebrou este 13 de outubro unha sesión plenaria extraordinaria e de urxencia, ao longo da cal tratáronse temas como a determinación dos festivos locais ou o establecemento das dedicacións exclusivas. O pleno, que pode consultarse a través da canle do Concello da Pobra no Youtube, comezou ás 20.30 horas coa aprobación con oito votos a favor (Nós Pobra, BNG e PSdG-PSOE) e cinco en contra (Partido Popular) da urxencia da sesión.

A continuación, aprobouse con 11 votos a favor (Nós Pobra, PSdG-PSOE e PP) e dúas abstencións (as do BNG) a proposta da alcaldía para a determinación das festividades locais, que serán o luns do Carme dos Pincheiros e o luns do Nazareno.

Polo que respecta ás dedicacións exclusivas, o pleno significou o peche do debate arredor das mesmas, ao acordar o tripartito da Pobra (Nós, BNG e PSOE) que a voceira nacionalista e concelleira de Servizos Sociais, Amparo Cerecedo, pase a ter un soldo anual de 32.000 euros, ao igual que edil de Servizos Municipais e Persoal, Estefanía Ramos (Nós Pobra). A proposta aprobada, que tivo os votos en contra do PP, ten a súa orixe na necesidade de “poñer remate a un longo período de tempo no que non se contou con ningunha dedicación exclusiva”, malia a carga de traballo moi importante que representan as responsabilidades municipais, especialmente as relacionadas coas dúas devanditas concellarías.

No pleno tamén se aprobaron por unanimidade as modificacións do proxecto do POS+2018 para dotar con beirarrúas a estrada do lugar da Ponte ao lugar de Bandaseca, e do proxecto PAS 2015 para as melloras no Campo da Alta.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.