O Goberno da Pobra fortalécese cun acordo histórico co BNG

02 Outubro 2020

O Goberno da Pobra do Caramiñal formalizou este venres 2 de outubro un histórico pacto de colaboración e traballo en común co grupo local do Bloque Nacionalista Galego. Segundo fixeron saber o alcalde Xosé Lois Piñeiro e máis a voceira dos nacionalistas Amparo Cerecedo, a alianza establécese sobre “os principios de igualdade, lealdade, honestidade, colaboración e cooperación institucional e pola duración do resto do mandato, isto é, dende 2020 a 2023”.

Os representantes de Nós Pobra, o PSdG-PSOE e o BNG comprometéronse a manter “unha relación fluída de intercambio de información e coñecemento dos proxectos que se queren desenvolver sen prexuízo da autonomía na toma de decisións de cada concellaría, para dar á Pobra do Caramiñal un Goberno de progreso estábel e forte, defensor absoluto do interese público, da xestión limpa, transparente e participativa, e do trato en igualdade a todos os veciños e veciñas do concello”.

Acordos

· A xunta de Goberno local ficará constituída polo alcalde, as concelleiras de Nós Pobra, Rosario Varela e Genoveva Hermo, a concelleira do PSOE, Patricia Lojo, e o concelleiro ou concelleira designada polo BNG.

· A primeira Tenencia de alcaldía recaerá no concelleiro/concelleira designado/a polo BNG.

· O alcalde manterá o actual réxime de dedicación exclusiva. Estableceranse dúas máis, en igualdade de condicións, unha para o concelleiro ou concelleira designada polo BNG e outra para o concelleiro ou concelleira designada por Nós Pobra.

Composición do novo Goberno

1. Xosé Lois Piñeiro García, alcalde e responsábel das áreas de Urbanismo, Obras e Réxime

Interior. Concelleiro de Nós Pobra.

2. Amparo Cerecedo Sánchez, primeira tenencia da alcaldía, membro da xunta de Goberno,

responsábel das áreas de Servizos Sociais e Desenvolvemento Local. Concelleira do BNG.

3. Patricia Lojo Nine, segunda tenencia da alcaldía, membro da xunta de Goberno, responsábel

das áreas de Cultura, Sanidade e Relacións Institucionais. Concelleira do PSOE.

4. Charo Varela Fernández, terceira tenencia da alcaldía, membro da xunta de Goberno,

responsábel das áreas de Promoción Económica, Turismo, Facenda e Igualdade. Concelleira de Nós

Pobra.

5. Genoveva Hermo Santos, membro da xunta de Goberno, responsábel das áreas de Deportes,

Educación e Medio Ambiente. Concelleira de Nós Pobra.

6. José Lojo Fernández, responsábel das áreas de Seguridade Cidadá, Mocidade e Voluntariado. Concelleiro de Nós Pobra.

7. Estefanía Ramos, responsábel das áreas de Servizos Municipais, Benestar Animal e Persoal.

Concelleira de Nós Pobra.

8. Xabier Santos, responsábel das áreas de Mobilidade, Participación Veciñal, Normalización

Lingüística e Memoria Histórica. Concelleiro do BNG.

Puntos para o mandato

· Facer fronte á situación sanitaria, económica e social creada pola COVID-19.

· Recuperación demográfica.

· Ampliar o solo industrial existente.

· Dotación de novas infraestruturas e ampliación das dependencias municipais.

· Aplicar a transversalidade nas políticas de igualdade.

· Incrementar a participación veciñal e órganos de participación.

· Ampliar e mellorar os servizos básicos como a rede de saneamento, de abastecemento de auga, o alumeado público, etc.

· Estender o compromiso social.

· Aumentar o compromiso coa lingua, a cultura galega e a memoria histórica.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Momentos Altos”. Mario Clavell

“Momentos Altos”. Mario Clavell

Camino dos minutos pisando hojas caídas de los olmos de Santa Clara. A través de losauriculares oigo el andante del concierto 2 para piano de Rachmaninov, plas, plas, plas…Saludo al vecino José Antonio en la parada del bus número 6, y veo nubes blancas entre...

“Feijóo une su suerte a la de Mazón y Abascal”. Manuel Velo

“Feijóo une su suerte a la de Mazón y Abascal”. Manuel Velo

Mazón se desentendió de la Dana el día 29 al coger un día de asueto para mocear con una periodista, habiendo dicho que no pudo estar en contacto con emergencias por un apagón de falta de cobertura, una mentira más, cuando la periodista declaró que tuvo constantes...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.