O Concello de Dodro celebra este sábado o Festivalo no décimo aniversario do Polideportivo

02 Outubro 2020

O Concello de Dodro vai celebrar este sábado 3 de outubro o décimo aniversario do Polideportivo de Dodro cun certame musical que regresa, tamén, para contrarrestar a adversidade destes tempos: o certame Festivalo, recuperado polo actual equipo de Goberno. Contarase coa presenza do dúo Monoulius Dop, que presenta o traballo Black Aibum, e tamén do cantante local Secho, que fará a introdución e presentación do Festivalo.

Segundo informa o Concello o evento é un festival de música que se realizaba na aldea de Manselle promovido, organizado e desenvolvido polos propios veciños, coincidindo coas festas locais e que nas diversas edicións contou ca presenza de Nao, Medomedá, Quenpallou, Ataque Escampe, Labregos no Tempo dos Sputniks, A Banda de Balbina, Sacha na Horta ou O Leo, e sempre contando con artistas locais como o mencionado Secho ou, tamén, Intercoles.

O evento será como dixemos este sábado 3 de outubro, a partir das 20.00 horas, no Pavillón Municipal.

Outros artigos

O Consello de Contas outorga unha nota alta a Dodro

O pleno de setembro en Dodro aprobou distintos asuntos de importancia como convenios de colaboración cos concellos veciños, o POS adicional 2 da Deputación ou o informe fiscalizador do Consello de Contas. O Consello de Contas, na reunión do pasado 29 de xullo, emitiu...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.