O Concello de Boiro convoca un proceso selectivo para unha listaxe de educador/a familiar

09 Outubro 2020

O Concello de Boiro vén de publicar a convocatoria dun proceso selectivo para a confección dunha listaxe con vistas á cobertura temporal de prazas de Educador/a Familiar. O prazo de presentación de solicitudes abre este 10 de outubro e poderá facerse durante un prazo de cinco días hábiles a través do Rexistro Xeral ou sede electrónica do Concello de Boiro. As persoas candidatas deben estar en posesión da titulación de diplomado/graduado en Educación Social ou constar da habilitación profesional, ser diplomado/graduado en Traballo Social, ter o primeiro ciclo la licenciatura en Pedagoxía, Psicoloxía ou Psicopedagoxía ou estar graduado/ licenciado nalgunha destas especialidades. Ademais, o Concello especifica que as persoas candidatas deben posuír as capacidades e aptitudes físicas e psíquicas necesarias para o desempeño das funcións.

O proceso selectivo é para a creación dunha listaxe de cobertura temporal para os casos de necesidade de contratación. A selección de aspirantes farase coa realización dunha serie de exercicios obrigatorios como son un cuestionario de 50 preguntas tipo test, un ou varios supostos prácticos relacionados co temario e unha proba de coñecemento de lingua galega, sempre que non se posúa o certificado de CELGA 4.

O prazo de presentación de solicitudes é de cinco días hábiles a contar dende o vindeiro martes 13 de outubro, polo que remata o vindeiro luns día 19. As bases do proceso selectivo e o modelo de instancia está a disposición das persoas interesadas na web municipal (boiro.gal) ou na portería da Casa Consistorial. As solicitudes poden presentarse no Rexistro Xeral, aberto de luns a venres de 9.00 a 13.30 horas ou a través da Sede Electrónica.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...