O Centro Social de Boiro habilita un espazo acondicionado para a mocidade

21 Outubro 2020

O Concello de Boiro segue a traballar este mes de outubro na mellora dos equipamentos e infraestruturas municipais para o servizo da cidadanía. Entre os traballos realizados nas últimas semanas están o do acondicionamento dun espazo para a mocidade no Centro Social de Boiro, unha demanda das persoas usuarios e do persoal municipal encargado das áreas de Educación e Xuventude. O obxectivo é mellorar ao máximo os recursos de lecer e cultura do que dispón a mocidade local.

Nas últimas semanas habilitouse no segundo andar un espazo aberto e participativo acondicionado cun televisor para a visualización de vídeos ou películas. O espazo foi creado para a mocidade e está concibido polas propias destinatarias e destinatarios do servizo, xa que para o deseño do mesmo tivéronse en conta as petición realizadas polos estudantes que visitaron o Centro Social e participaron nun obradoiro no que tiveron oportunidade de expoñer as súas ideas e propostas.

O Centro Social de Boiro, e as áreas de Educación e Xuventude, apostan por fomentar a oferta formativa e de ocio para a mocidade. No mes de setembro levouse a cabo un Festival Urbano de Arte que tivo moita aceptación entre o público ao que estaba dirixido. Para os vindeiros meses hai previstas mais iniciativas e propostas para esta franxa de idade.

Outros artigos

O Ciclo Mestre Mateo leva Sirāt a Boiro, este domingo no Centro Social

Proseguen en Boiro as proxeccións do Ciclo de Cine Mestre Mateo. Este domingo 25 chegará unha nova cita co mellor cinema galego da man do director Oliver Laxe e o seu último filme Sirāt. Será ás 19.00 horas no Centro Social de Boiro. Sirāt é un filme dramático e de...

+

En Boiro, aprobados os 954.642 euros do POS+ adicional da Deputación

A Corporación do Concello de Boiro celebrou este xoves 22 de outubro o seu novo pleno ordinario, unha sesión que se puido verse novamente a través da canle municipal de Youtube e que saldou, entre outros, coa aprobación definitiva do POS+ adicional da Deputación da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.