No Son o BNG lembra aos “mártires de Nebra”

12 Outubro 2020

O BNG celebrou este luns en Porto do Son un acto en conmemoración dos chamados ‘ mártires de Nebra’, os cinco labregos que foron asasinados pola Garda Civil o 12 de outubro de 1916 durante unha protesta contra a subida de impostos e aos que os nacionalistas consideran “referencia para contribuír a avanzar na sociedade”.

remitida

No evento, organizado na parroquia de Nebra, participaron ducias de persoas, entre elas a deputada autonómica do Bloque Rosana Pérez, o portavoz municipal da formación, Balbino González, e Santiago Suárez, un dos impulsores do recoñecemento histórico dos ‘ mártires’.

En palabras de Rosana Pérez, o BNG participa cada 12 de outubro neste acto “para facer memoria”, porque aquela mobilización de 1916 na que morreron catro mulleres e un home, xunto a outras 32 persoas feridas, “foi un acto de valentía e rebeldía ao levantarse contra as inxustizas e a imposición da forza”, polo que serven “de referencia”.

O portavoz municipal do BNG en Porto do Son, Balbino González, destacou que coa homenaxe deste luns o partido “quere manter vivo” o recordo de Francisca Carou, Antonio Sobrado, Ramona Suárez, Xenerosa Vidal e Rosa Cadórniga, os cinco asasinados.

Así mesmo, González denunciou que “tamén foron condenados ao esquecemento” polo “silencio” das institucións durante décadas, xa que os sindicatos que apoiaron a protesta mesmo foron disoltos. Anos despois, en 1931, o histórico galeguista Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, no álbum ‘ Nós’, dedicáballes unha ilustración no seu recordo.

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Ratos, ratiños e tornarratos” – Antón Luaces

“Ratos, ratiños e tornarratos” – Antón Luaces

O que foi e o que non é;  o que puido ser e a realidade converteu nunha experiencia máis para todos; o que o presidente autonómico canario quixo transmitir coma un relato propio daquel personaxe que foi "Cantinflas", quedará gravado para sempre na memoria de cantos, a...

“Noia sí, Lugo no” – Carlos Moledo

“Noia sí, Lugo no” – Carlos Moledo

Hay una vieja trampa del poder que consiste en creer que las herramientas de la política pertenecen a quienes las inventan. Que el garrote es legítimo en tus manos y criminal en las del adversario. Que la ley vale cuando te protege y es injusta cuando te golpea. La...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.