Galicia sobe a 815 vítimas tras falecer sete persoas por COVID-19, seis delas en Ourense

16 Outubro 2020

As vítimas da pandemia do coronavirus en Galicia subiron a 815 despois de que falecesen nas últimas horas un total de sete persoas diagnosticadas de COVID-19, seis delas en hospitais da provincia de Ourense e unha en Vigo. Ademais, cinco eran usuarias de residencias de maiores.

O Complexo Hospitalario Universitario de Ourense ( CHUO) rexistrou tres vítimas: dous homes de 77 e 92 anos e unha muller de 90 que proviñan do centro Vos Gozos de Pereiro de Aguiar.

Ademais, outras tres persoas diagnosticadas con coronavirus morreron no hospital comarcal de Verín. Tratábase de dous homes de 92 e 84 anos que vivían na residencia Val de Monterrei e dun terceiro home, de 97, que non tiña relación con ningún xeriátrico.

A sétima vítima mortal notificada por Sanidade na tarde deste venres é unha muller de 87 anos que permanecía ingresada no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo ( Chuvi). Con estes sete últimos falecementos, a cifra total desde o comezo da ‘nova normalidade’ ascende a 196 en Galicia. A primeira morte deste período foi a dunha muller o 7 de agosto. Antes diso, a Comunidade galega había encadeado case dous meses –desde o 10 de xuño– sen decesos relacionados co coronavirus.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...