Última hora: Dúas novas mortes con covid-19 elevan a 757 as vítimas en Galicia

04 Outubro 2020

Dúas novas mortes con covid-19 confirmadas en hospitais galegos este domingo elevaron o cómputo de vítimas da pandemia en Galicia a un total de 757. Son dúas mulleres de 96 e 90 anos idade que permenacían ingresadas no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense ( CHUO).

O SERGAS informa que se rexistraron 217 novos positivos nas últimas 24 horas.

Na área Sanitaria Santiago-Barbanza este domingo, 4 de outubro rexistranse 530 casos activos. Hospitalizados hai 31 pacientees ( Hospital Clínico de Santiago: 6 deles en Unidades de Críticos). Os pacientes curados elevanse a 3.280 e os PCR realizadas 77.739

A morte da muller, que presentaba patoloxías previas, súmase a outros tres decesos confirmados en hospitais galegos dos que informou a Consellería de Sanidade na tarde do sábado. Trátase de tres homes de 93, 89 e 87 anos que estaban ingresados no Hospital de Lugo, no Complexo Hospitalario de Ourense e no Complexo Hospitalario de Santiago, respectivamente. Todos eles presentaban patoloxías previas.

Así as cousas, segundo a última actualización de Sanidade ofrecida na mañá deste domingo, Galicia detectou 217 novos positivos, un máis que os identificados a xornada anterior.

Deste xeito, o número de casos activos na comunidade sitúase en 4.038 (54 menos que o sábado) despois de que 267 persoas recibisen o alta e deixasen de computar como pacientes afectados por covid.

Os casos activos baixan en todas as áreas sanitarias coa excepción de Ourense, que ten 55 casos activos máis que o sábado ao alcanzar os 946.

No resto, descenden o número de persoas diagnosticadas con covid, especialmente nas áreas de Pontevedra (33 menos ata os 689) e na Coruña (819, 29 menos que 24 horas antes). Santiago ten 530 (17 menos), Vigo conta con 445 (15 menos) e en Ferrol hai 116 (5 menos).

Así mesmo, ata a data, a Comunidade galega realizou 504.922 PCR fronte ás 499.201 que contabilizaba este venres, o que implica que en 24 horas fixéronse 5.721 probas.

Outros artigos

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

+

Convocada a XIII edición do Concurso de Poesía Albariza de Artes

O Centro Recreativo e Cultural de Artes, en colaboración co Concello de Ribeira (Área de Cultura) presentou o cartel e as bases do nova convocatoria do Concurso de Poesía Albariza de Artes, certame que alcanza este ano a súa décimo terceira edición. Esta iniciativa...

+

Unha delegación de Angola visita en Ribeira a Escola Náutico-Pesqueira

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, acompañou no día de hoxe a unha delegación procedente de Angola durante a súa visita á localidade que arrancou na Escola Oficial Náutico-Pesqueira para coñecer o modelo pesqueiro galego, con especial énfase na pesca tradicional....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.