Galeatro presentan este venres en Boiro o seu espectáculo infantil Carabela

26 Outubro 2020

Amais do completo programa de actividades culturais para o remate de outubro do que dimos conta hoxe mesmo nesta web (un programa que xira arredor da celebración das Letras Galegas e dalgunhas das presentacións editoriais máis relevantes da tempada), o Concello de Boiro vai achegar esta finde unha cita moi acaída para as pequenas e pequenos da casa. Estamos a falar de Carabela, un espectáculo do grupo Galeatro destinado ao público infantil e familiar. Está previsto para as 20.00 horas do venres 30 na Casa da Cultura de Boiro. Cómpre reservar entradas, debido ao aforamento limitado. Poderá facerse o mesmo día do espectáculo a partir das 16.30 horas, na Casa da Cultura.

Para ir adiantando algún detalle sobre esta cita cultural, sinalar que Carabela conta a historia dunha cociñeira dun barco que naufraga na Illa Pequena de Plástico, onde ficará soa, rodeada de peixes mutantes que lle advirten que son tóxicos, de paxaros que non paran de queixarse por ter comido substancias sintéticas e de verteduras que non alimentan. Para aliviar a tristeza, Carabela constrúe unha nena de plástico á que lle conta historias de como é o mundo fóra da Illa Pequena.

A obra está dirixida por Davide González, e conta con música del mesmo. O texto é de Paula Carballeira e o elenco está formado por Alba Bermúdez, Tone Martínez e Davide González.

Outros artigos

Boiro presume de tecido cultural e asociativo

O Concello de Boiro organizou este venres o I Encontro do Tecido Cultural Boirense, unha xuntanza destinada a poñer en valor o labor das entidades, asociacións culturais e comisións de festas do municipio, ademais de establecer as bases para unha programación conxunta...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión