A Policía Local informa de que un veciño do municipio de 41 anos resultou detido na noite pasada e acusado dun deito contra a seguridade viaria e outra de desobediencia á autoridade. Durante a detención ofreceu moita
resistencia e mesmo resultou levemente lesionada unha axente.
O desenvolvemento dos feitos tivo lugar a partir das 23.20 horas cando, estando unha dotación da Policía Local, á altura de Castiñeiras na estrada provincial observan un vehículo marca Audi A3 emprender a marcha sen luces cara Aguiño e que unha vez incorporado á vía case colisiona con outro vehículo que ía na mesma dirección, o cal tivo que frear bruscamente. En vista disto, a patrulla acendeu rotativos e sereas acústicas para darlle o alto, momento no cal o individuo aumenta a velocidade e dáse á fuga sen luces e
evidenciando dificultades para manter o coche no seu carril.
Á altura do número 41 da rúa Curros Enríquez aparece un vehículo de fronte que lle impide a aquel continuar coa súa fuxida xa que a vía é estreita e había vehículos estacionados nunha das marxes, co cal a
dotación policial corta o paso pola parte traseira e pídelle ao condutor
que apague o motor, poña as mans á vista e permaneza no interior
do seu coche. O condutor baixa do coche e se encara coa axentes,
os cales observan no home un forte olor a alcohol e dificultades para
manter a verticalidade, en vista do cal se lle informa dos dereitos que
lle asisten para a realización da proba de alcolemia, ao cal se nega.
Se lle reitera ata en catro ocasións que no caso de negarse a realizar
a proba incorrerá nun delito de desobediencia. O individuo sigue
negándose e fai caso omiso ás ordes dos axentes en actitude
agresiva e despectiva, en vista do cal a patrulla actuante pide apoio á
Policía Nacional.
Persóanse dúas patrullas nacionais, en cuxa presenza os axentes da
Policía Local volven afirmar que de non someterse á proba de alcolemia incurrirá nunha proba de desobediencia. De repente, o individuo golpea o teito do seu vehículo co seu teléfono móbil e xírase cara os axentes en actitude ameazante, cos brazos levantados, momento no que se procede á súa detención, ofrecendo resistencia ctiva (unha axente resulta lesionada nunha man), razón pola cal é proxectado cara o chan, onde con dificultade é engrilletado e introducido no vehículo policial.
Durante o traslado golpea constantemente coa súa cabeza na mampara de seguridade e dá patadas contra á mesma, insultado e gritando de forma moi agresiva. Unha vez nas dependencias policiais houbo que avisar a unha ambulancia para que o individuo fose asistido debido á súa agresividade e para evitar que se seguise autolesionando nos calabozos.
A Garda Civil e a Policía Nacional desartellan un grupo criminal de tráfico de drogas en Palmeira
Prisión provisional para os dous presuntos xefes dunha rede de tráfico de drogas desmantelada en Ribeira Un operativo conxunto da Garda Civil e a Policía Nacional saldouse coa desarticulación dun grupo criminal dedicado ao narcotráfico con base na parroquia ribeirense...



