Segue a polémica sobre a proposta de festivos locais para o ano 2021 para Ribeira. As datas habituais propostas como festivos locais martes de entroido, San Xoán (xoves), a Dorna (sábado), 16 de xullo (venres), Santa Uxía (domingo) fan que o caer en fin de semana compliquen as combinacións para elexir os dous que lle corresponderían o concello.
O último en aportar proposta son os socialistas ribeirenses quenes consideran que en unha situación normal debería ser festivo o martes de entroido e a Dorna. O primeiro pola súa vinculación coas antiguas festas de culturas ancestrais. A situación provocada polo COVID- 19 non parece, din, que teña solución nun futuro inmediato, e que o sentido común indica que
debemos tratar por todolos medios de evitar o contacto social, dentro do posible e ata que se encontre un tratamento ou vacuna que nos protexa, e tendo en conta que o Martes de Entroido se celebra en pleno inverno e na sua maior parte en recintos pechados, non parece nin responsabel nin oportuno a celebración desta festa no ano 2021.
Os socialistas polo tanto, din que non debe incluirse como festa local o Martes de Entroido, para non caer no mesmo desastre económico acontecido neste 2020, co propio Martes de entroido Festa da Dorna, Festas de agosto, e demáis festas das diferentes parroquias que non poideron
celebrarse.
Así propoñen que os festivos locais sexan o 24 de xullo, Festa da Dorna, e o 16 de xullo, adicado a Nosa Señora do Carme, como homenaxe aos mariñeiros en particular, e a todo o sector do Mar en xeral, que tanto sufreu, e sigue sufrindo, co impacto económico que está supoñendo a pandemia COVID-19.
As demáis forzas políticas propuxeron distintas alternativas, así o equipo de goberno propón martes de Entroido e o Carmen como festivos do 2021. Esta proposta conta co apoio do PP de G e o PBBI, segundo poidemos saber en O Barbanza .
Os outros partidos con presenza na corporación teñen distintas propostas e así o BNG propón o martes de entroido e a dorna, SumaRibeira aposta polos festivos locais da Festa da Dorna e San Xoán.
Pola súa banda a Cofradía da Dorna amosaron nun comunicado a súa estraneza polo cambio de datas proposta polo equipo de goberno e piden que se manteña a data.
É evidente que o equipo de goberno local o contar nesta ocasión co apoio PBBI, sacaría adiante a súa proposta polo que o 2021 terá como festivos o martes de entroido e O Carmen, se non hai sorpresas de última hora.
Curiosamente o tema dos festivos locais de Ribeira regresa periodicamente o debate das formacións políticas con presenza na corporación municipal. Xa sexa por cuestións económicas, festivas ou relixiosas, o caso é que a menos que o equipo de goberno local teña maioría, sempre están bailando as datas como é o caso deste próximo ano debido a que algúns dos días propostos caen en sábado ou domingo.
Desde hai anos escapase da data da Patrona Santa Uxía alegando algúns a relixiosidade da celebración. As outras cidades galegas, goberne quen goberne, sempre elixen as datas das súas advocacións, patróns ou copatróns como data fixa bailando os demáis segundo caia en festivo.
Así Santiago celebra a Ascensión e San Roque; A Coruña cambiará o vindeiro ano, de forma excepcional, O Rosario 7 de outubro por San Xoán pola celebración da noite meiga por cuestións económicas; Ferrol celebra o San Xulián; Lugo San Froilan; Ourense San Martiño; Vigo San Roque; Pontevedra San Bieito de Lérez, Vilagarcía San Roque, A Pobra O Nazareno; Rianxo A Guadalupe; Boiro O Carmen e San Ramón; O Son Nosa Señora de Loreto; Noia O Carmen e San Bartolomeu e Lousame San Lourenzo.
Como se ve todo los concellos da comarca e as capitais celebran os seus patróns, advocacións ou copatróns poñendos por riba de cuestións económicas, comerciais ou ideolóxicas.
Propoñemos ós nosos leitores que nos remitan a súa opinión e que días elexirían e nos escriban a “lectores@obarbanza.gal” ou ben nos remitan un whatsapp o número 608 24 01 60.