Ribeira propón o martes de Entroido e o Carmen como festivos do 2021

17 Outubro 2020

A comisión informativa de Urbanismo, Infraestruturas, Benestar Social e Medio Ambiente de Ribeira elaborou unha proposta de acordo para trasladar ao pleno na que propón que se establezan como días festivos municipais para o ano o 16 de febreiro, Martes de Entroido, e o 16 de xullo, virxe do Carmen.

O anuncio adiantado polo Alcalde Manuel Ruíz levantou xa reaccións entre a Cofradía que fixo un comunicado oficial que se pode leer en o Barbanza e unha nota do BNG que propón sexa o martes de entroido e a Dorna os festivos do vindeiro ano.

O rexidor ribeirense comentou que o grupo de goberno falou coa patronal respecto diso e non están a favor de que se declare festivo local un sábado pois xa que non lles parece o máis apropiado. Segundo o alcalde o comercio ía abrir igual como fixo este ano pois así llo permite a lei pois para eles é un dous mellores sábados do ano. Ruíz cree que hai razóns de peso para cambiar ese día por outro. Sobre o acordo por parte da corporación de hai uns anos, o dirixente dixo que segue vixente pero non os sábados. A Dorna volverá ser festivo cando coincida pola semana.

Festa da Dorna no ano 1970. Arquivo Joferpa

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...