Corrubedo ten en marcha as obras de pavimentación e pluviais de Pedra do Pino

29 Outubro 2020
Pedra do Pino. Corrubedo

O Concello de Riveira informa de que xa está en marcha a actuación consistente na pavimentación e instalación de rede de pluviais na zona coñecida como Pedra do Pino, no contorno da praia da Ladeira en Corrubedo.
A actuación comprende dous viais, un con pavimento de terra e
outro con aglomerado asfáltico en mal estado e con sobreanchos en
terra ata os peches colindantes.
O proxecto técnico elaborado polos servizos do Concello inclúe os
seguintes traballos:
 No vial principal que enlaza por un lado coa estrada de entrada
ao pobo e por outro coa rúa das Delicias se instalará unha
rede para drenaxe de pluviais consistente en dous tubaxes de
315 milímetros de diámetro e 156 e 250 metros de longo que
descorrerán polo centro da calzada. En canto ao outro vial a
solución adoptada é a construción de cunetas.
 No que se refire á pavimentación, realizarase con aglomerado
asfáltico en quente nunha superficie de 3.841 metros
cadrados, incluíndo os sobreanchos. Ademais, nunha
determinada zona se construirá un tramo de 125 metros de
longo de beirarrúas a base de baldosa hidráulica e bordillo
prefabricado de formigón.
O prazo de execución son tres meses e as obras, que recaeron na
empresa Excavaciones Abelleira, S.L., comportan un investimento
de 71.420 euros, IVE incluído, financiadas no marco do Plan
Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia
Municipal (Plan Único de Concellos) POS+ 2018.
Hai que recordar que no outono de 2018 tivo lugar unha primeira
intervención en Pedra do Pino dirixida á instalación de saneamento.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“El Rey legitimó la Corona”. José Castro López

“El Rey legitimó la Corona”. José Castro López

El Gobierno dio un paso significativo desclasificando documentos del fallido golpe de Estado del 23 de febrero de 1981. Aquel día, con la irrupción de Antonio Tejero en el Congreso, la incertidumbre paralizó al país y la joven democracia española vivió su momento más...

“Catálogo de estrellas”. Mario Clavell

“Catálogo de estrellas”. Mario Clavell

Hace tres semanas fue publicado el muy simpar catálogo REGALADE que enumera y da distancias y medidas de ochenta millones de galaxias en el cosmos observable. Distan hasta seis mil millones de años luz, y permite que los astrónomos identifiquen muchas más galaxias y...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.