Comezan en Boiro as clases de educación secundaria para persoas adultas

15 Outubro 2020

O Concello de Boiro, a través da área de Educación, imparte aulas formativas para persoas adultas co vistas a preparalas para a obtención do título da ESO (Educación Secundaria Obrigatoria). O curso comezou este mércores 14 de outubro na Casa da Cultura e á presentación asistiron a concelleira de Educación, María Outeiral, e o concelleiro de Xuventude, Marcos Fajardo, acompañados das mestras que van impartir a actividade formativa.

O curso forma parte dunha programación que se repite cada ano escolar, centrada nas persoas adultas do termo municipal. Estas ensinanzas están destinadas a maiores de 18 anos que non posúen o título da ESO e impártense os cursos de primeiro a cuarto, atendendo ás necesidades de cada un. As concelleiras lembraron que grazas a estas sesións o alumnado pode adquirir, actualizar ou complementar os seus coñecementos e aptitudes, así como potenciar o seu desenvolvemento persoal e profesional.

Neste curso participan un total de 45 alumnos e alumnas repartidos nos catro cursos, podendo escoller en cada un deles a modalidade científico-tecnolóxica, lingüística ou de ciencias sociais. As aulas rematan no mes de xullo, repartidas en dous cuadrimestres. A aula de ensino de adultos está adscrita ao IES San Clemente de Santiago de Compostela e o profesorado do centro desprázase a Boiro nas probas de avaliación para a realización dos exames de xeito presencial.

Outros artigos

O Ciclo Mestre Mateo leva Sirāt a Boiro, este domingo no Centro Social

Proseguen en Boiro as proxeccións do Ciclo de Cine Mestre Mateo. Este domingo 25 chegará unha nova cita co mellor cinema galego da man do director Oliver Laxe e o seu último filme Sirāt. Será ás 19.00 horas no Centro Social de Boiro. Sirāt é un filme dramático e de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De tanto falar, equivócanse”. Luís Celeiro

“De tanto falar, equivócanse”. Luís Celeiro

Cando se pare, se se da o caso, os corredores pedestres non terán por onde andar, quedaransequietos, como enterrados no abismo. Mirarán para tódolos lados, acordaranse da importancia dosmovementos á dereita e á esquerda, e seguirán tesos alí na entrada da sima, na...

“Cuando yo no esté” – Manuel Domínguez

“Cuando yo no esté” – Manuel Domínguez

Esto es una creación literaria, nada personal de nadie. Cuando yo ya no este. Tu hijo, mi nieto se subirá a lo alto del naranjo, le dirás, te pareces al abuelo, él cuándo niño se subía a los árboles y me enseño a subir a mí, después te enseñare una foto. Desearas que...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.