A Consellería de Sanidade notificou este martes cinco falecementos vinculados coa covid-19 en Galicia, un deles vinculado a unha residencia de anciáns, co que a cifra de mortos por mor da pandemia sitúase xa nos 836.
Sanidade informou do falecemento de dúas mulleres de 73 e 78 anos que se atopaban ingresadas no Complexo Hospitalario de Santiago e no Complexo Hospitalario da Coruña; así como de dous homes de 84 e 83 anos ingresados no Hospital de Verín e no Complexo Hospitalario de Vigo. Tamén faleceu unha muller de 91 anos na residencia Os Gozos de Pereiro de Aguiar. Todas as vítimas tiñan patoloxías previas.
Con estas cinco últimas mortes de pacientes con covid, a cifra total desde o comezo da ‘nova normalidade’ ascende a 217 en Galicia.
Na comarca Noia entra no nivel un de alerta pola covid, de onde saleu Boiro. En canto a centros de ensino na área sanitaria da comarca segundo o parte da Consellería de Sanidade o Colexio Bayón de Ribeira e o Instituto Félix Muriel de Rianxo incorporanse ós centros con alumnos positivos, se ben seguen sendo 9 nenos os contaxiados por Covid activos con casos no IES Praia de Barraña de Boiro, Sacro Corazón de Castiñeiras, Ramón de Artaza e Fontexería de Muros, Cernadas de Castro de Lousame e Santa Irene de Porto de Son.
Quedaron sen casos a escola infantil A Galiña Azul de Praia Xardín e o CEIP de Cespón.