CCOO denuncia a «saturación por improvisación» da atención primaria en Santiago-Barbanza, especialmente coa campaña da gripe

27 Outubro 2020

A Federación de Sanidade de CCOO denuncia a «saturación por improvisación» da atención primaria na área sanitaria Santiago-Barbanza, especialmente desde o comezo da campaña da gripe o pasado día 13 de outubro, que se prolongará ata o vindeiro 31 de decembro. A falta de doses da vacina, o colapso telefónico e a reprogramación de citas son algunhas das consecuencias máis visibles, que están a provocar «o enfado da cidadanía e a extenuación do persoal». O sindicato reclama máis persoal para «evitar o caos» no día a día.

CCOO culpa da situación a Xerencia da área sanitaria, porque «era previsible, pero non se tomaron medidas». Escasamente unha semana despois do inicio da campaña da gripe, o 22 de outubro, os profesionais recibiron unha orde por parte da Dirección de Atención Primaria para anular as citas da vacina antigripal da poboación menor de 65 anos —mesmo que sexa de grupos de risco—, xa que non había stock da vacina (Vaxigrip).

Reprogramación de centos de citas

Isto incrementou a carga de traballo pola necesidade de anular citas. Se xa antes da pandemia o ritmo de traballo era «frenético», coa COVID-19 houbo que enfrontarse tamén ao diagnóstico precoz e seguimento dos doentes non hospitalizados. Agora, no medio da campaña da gripe, deben chamar e reprogramar as citas de centos de persoas.

Segundo CCOO, este traballo non é propio do persoal de enfermaría, senón que podería facelo o persoal de servizos xerais (PSX) «se non estivese desbordado pola situación actual», porque estes profesionais non poden atender toda a citación telefónica, realizar actividade administrativa e de xestión, atender e informar as persoas usuarias, amais de reprogramar as citas da vacina antigripal.

Cómpre contratar máis PSX

Por esta razón, CCOO insta a Xerencia da área sanitaria a contratar máis PSX en Santiago-Barbanza, especialmente naqueles centros de saúde que xa eran deficitarios en persoal. Con todo, a necesidade de reforzamento «é xeral en toda a área sanitaria», que conta con 74 centros (56 centros de saúde e 18 consultorios e casas do mar).

CCOO lembra que nas listaxes de contratación do Sergas hai PSX agardando a que o sistema público os chame, e insiste en que se a Xerencia non o fai «é exclusivamente por criterios económicos».

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.