Boiro celebra as aprazas Letras Galegas

28 Outubro 2020

O Concello de Boiro, a través do departamento de Cultura, e xunto coa
Asociación Cultural Barbantia, preparan unha programación especial para
conmemorar o Día das Letras Galegas 2020 que, por mor da Covid-19 non se
puido celebrar o 17 de maio e se adiou ao 31 de outubro. A concelleira de
Cultura, María Outeiral, o presidente da A.C. Barbantia, Manuel Cartea, e o
técnico de Cultura, Alberto García falaron esta mañá sobre a programación.
O Concello de Boiro festexou xa en maio as Letras Galegas cunha
programación especial na rede. Xunto con Barbantia preparan agora unha
programación, con prazas limitadas e seguindo todas as medidas de
seguridade, para os días 30 e 31 de outubro. O venres día 30, ás 20.30 horas
no local Leñaverde do Centro Social de Boiro, vaise realizar a presentación do Premio Torrente Ballester 2019, o libro “O paraíso dos inocentes” de Antón Riveiro Coello, na que intervirá o autor, a vicepresidenta da A.C. Barbantia, María Xesús Blanco; o vogal da Asociación, Xesús Laíño; o deputado provincial de Cultura, Xurxo Couto; e o alcalde de Boiro, José Ramón Romero. Ademais da presentación, haberá unha actuación da Escola de Ballet Cen Pliés de Boiro.
O sábado 31de outubro vaise facer, ás 17.00 horas, a presentación do
libro “Ricardo Carvalho Calero. A pegada do compromiso” de Héctor
Cajaraville, na que intervirán Milagros Torrado e José Ramón Romero. Ás
17.45 horas vaise realizar a presentación do libro “Foula e Ronsel. Os anos que marcaron a biografía de Carvalho Calero (1911-1941)” de Aurora Marco, na que intervirán Xesús Laíño e a concelleira de Cultura, María Outeiral.
Ás 19.00 horas continúa a programación coa actuación infantil de Os
Monifates e ás 19.40 horas actuación do grupo Xilbarbeira. As prazas para
todas as actividades son limitadas, polo que se require inscrición previa. As inscricións para a presentación literaria do venres e as actuacións musicais do sábado deben facerse no enderezo electrónico reservacultura@boiro.gal e as inscricións para as presentacións literarias do sábado deben facerse no
enderezo electrónico pastor@barbantia.es .
A concelleira, María Outeiral, insistiu na importancia de manter as actividades culturais “para afrontar a difícil situación que estamos a vivir. A
cultura tamén pode ser segura e, dende o Concello, queremos seguir
apostando por ela a por todos os profesionais do sector”.

Outros artigos

O venres 15 inaugúrase a mostra “A Cor de Boiro”

Este venres 15 de novembro inaugúrase en Boiro, no Centro Social a partir das 17.00 horas, a exposición A Cor de Boiro, que reúne os traballos realizados no I Encontro de Pintura en Cadernos de Acordeón, certame de debuxo e pintura ao aire libre celebrado nas rúas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Nélida Piñón, eterna”. Alberto Barciela

“Nélida Piñón, eterna”. Alberto Barciela

Nélida Piñón fue, debería decir es, un ser de realidades inusitadas, desacostumbradas al menos. Pervive en su obra inmensa, en sus obras, en sus archivos, y sobre todo en el cariño de sus amigos, en el recuerdo de sus admiradores, en la evocación permanente de los...