Boiro achéganos unha semana de historias contadas para nenas e nenos

06 Outubro 2020

O Concello de Boiro compartiu a súa axenda cultural para estes días, un menú de teatro e contacontos que pon o punto de mira na rapazada e en estimular a súa creatividade e o seu espírito participativo. O programa comeza este mércores co espectáculo O Xigante, de Elefante Elegante, que está previsto para as 20.00 horas no Centro Social de Escarabote. Trátase dunha peza en pequeno formato para público infantil (de 3 a 8 anos) da compañía Elefante Elegante. As prazas son limitadas. A reserva de entradas pode facerse no enderezo electrónico reservacultura@boiro.gal ata as 13.00 horas do 07/10/2020.

O día 9 de outubro prosegue o teatro con Mai Mai da compañía Baobab. Será ás 20.00 horas na Casa da Cultura de Boiro. Mai Mai é unha historia que busca a concienciación medioambiental e o empoderamento da muller.

A contadora e artista Raquel Queizás

A festa dos relatos non remata a fin de semana, e continúa da man da escritora e narradora oral María Canosa, que o sábado ofrece o espectáculo Contacontos para nenos e nenas, ás 12.00 horas na Casa da Cultura de Boiro. Na mesma xornada do sábado, xa pola tarde, ás 17.00 horas, é a quenda da tamén narradora Raquel Queizás, que estará no Centro Social de Cabo de Cruz para achegar á rapazada O segredo do tendal. As prazas serán novamente limitadas. A reserva de entradas pode facerse enderezo electrónico reservacultura@boiro.gal antes das 13.030 horas do 09/10/2020.

Outros artigos

A Boliña (Boiro) celebra este sábado o seu magosto

O Campo de Revelar (A Boliña, Boiro) vai acoller este 7 de novembro a celebración do magosto popular da Boliña. Será unha cita participativa para veciños e visitantes que dará comezo ás 18.00 horas do sábado. Haberá celebracións gastronómicas con castañas e viño e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

Hai bos xuíces, profesionais e valentes que cumpren coas súas obrigas. Un deles, sen dúbida, é Borja Pérez, titular do Xulgado Número 2 de Ribeira. Dita un auto xudicial polo cal suspende o lanzamento dunha familia vulnerable de Ribeira, en aplicación do novo RDL...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.