Barbanza-Arousa creará paquetes turísticos náuticos implicando ás empresas locais

23 Outubro 2020

A Mancomunidade Barbanza Arousa está a desenvolver un proxecto de creación de rutas náutico-terrestres en colaboración con AGAN+ (Asociación Galega de Actividades Náuticas). Esta iniciativa ten o obxectivo de “incrementar a competitividade” do noso xeodestino grazas ao patrimonio natural e cultural que atesouran os nosos concellos, o noso tecido produtivo e o noso litoral. A fórmula para facer medrar as visitas e o que se vén chamado fidelización serán os itinerarios náuticos e terrestres. Tamén se busca acadar “un efecto multiplicador nos demais sectores da zona”.

Logo dunha primeira fase de análise, a mancomunidade estase a mergullar na valorización do patrimonio marítimo terrestre a través do desenvolvemento dunha aplicación tecnolóxica de Realidade Aumentada, ao mesmo tempo que crea “produto” involucrando a todos os axentes do territorio e a operadores de turismo referenciais.

Ao abeiro do proxecto está prevista a realización de workshops que teñen como obxectivo crear sinerxías entre empresas do sector náutico e entidades de servizos complementarios, así como axencias de viaxes receptivas para crear produtos turísticos con maior valor engadido.

Por parte do ámbito náutico, as empresas convocadas a participar son navieiras, empresas náuticas con embarcacións a motor e vela, empresas de actividades como kaiak, submarinismo, paddle surf etc.

En canto a empresas turísticas son chamadas a participar neste obradoiro aloxamentos, empresas de restauración, turismo activo, empresas de transporte (taxis, buses, aluguer de vehículos), museos, guías turísticas e outras firmas de servizos complementarios como adegas visitábeis, centros de saúde e benestar, campos de golf, comercios de artesanía e produtos locais gourmet, etc.

O primeiro workshop celebrarase o vindeiro o martes 27 de outubro en horario de 17:00 a 19:00 horas. Para participar é necesario inscribirse na ligazón específica habilitada en liña.

Outros artigos

A xornalista Nieves Concostrina estará este mércores no Liceo de Noia

Este mércores 30 de setembro, a xornalista e escritora Nieves Concostrina estará no Liceo de Noia para conservar sobre a súa obra, os seus libros e a súa traxectoria na radio. Estará acompañada polo alcalde, Francisco Pérez Caamaño, e por José M. Romarís. A conversa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

Cando existe unha emerxencia habitacional, todas as Administracións Públicas teñen que poñerse as pilas para garantir o Dereito á Vivenda, recoñecido na Constitución española así como en moito Tratados e Organismos Internacionais. Algúns nos preguntamos, actualmente,...

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.