AMICOS recibirá unha axuda da Xunta polo seu labor de educación especial

10 Outubro 2020

 A Consellería de Cultura, Educación e Universidade vén de conceder axudas por un importe total de 73.926 euros a 32 confederacións, federacións e asociacións de nais e pais (ANPAs) de alumnado de centros de educación especial de toda Galicia, entre elas AMICOS. A relación de entidades beneficiadas pode consultarse na resolución, publicada Diario Oficial de Galicia.

O importe das axudas oscila entre os 1.000 e os 10.112 euros. As axudas van destinadas tanto para a realización de actividades como para sufragar gastos derivados da xestión, administración, adquisición de material non inventariable e mantemento ordinario das instalacións que se orixinen no período subvencionado.

Estas axudas enmárcanse no compromiso da Xunta de Galicia coa atención á diversidade do alumnado, en concreto ao que presenta necesidades educativas especiais. Neste sentido cómpre lembrar que, entre outras accións, a Consellería de Cultura e Educación contribúe ao financiamento dos servizos de comedor e transporte escolar.

Deste xeito, subvenciónase o servizo de comedor escolar a 518 alumnos de centros de educación especial non públicos a través de convenios con 15 entidades, cun orzamento de 223.441,96 euros; mentres que, no que atinxe ao transporte, se dá cobertura a 311 alumnos de centros de educación especial que non son públicos a través de convenios con 13 entidades, cun orzamento de 1.016.115,92 euros. 

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.