A Xunta enxalza en Cabo de Cruz o labor do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Ría de Arousa para visibilizar o papel da muller no mundo do mar

07 Outubro 2020

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, agradeceu ao Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Ría de Arousa o seu importante labor para dar visibilidade ás profesionais do mar da zona e enxalzar o labor que veñen desenvolvendo desde sempre en actividades como o marisqueo, o sector da transformación ou o arranxo de redes. Fíxoo durante a presentación da Xornada de conclusións do proxecto de dinamización e igualdade das mulleres do mar, na que incidiu no peso transcendental que as mulleres teñen na economía pesqueira de Galicia ao actuar como motor de dinamización e crecemento económico.

Mulleres Ria de arousa marisqueo 1A Xunta enxalza o labor do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Ría de Arousa para visibilizar o papel da muller no mundo do mar

A representante do Executivo galego salientou que proxectos coma este contribúen a poñer á muller no lugar que lle corresponde e ao mesmo tempo serven de nexo de unión entre as profesionais do sector pois favorecen a cooperación entre elas para conseguir importantes obxectivos como a mellora no eido formativo ou a adaptación a retos relacionados coas habilidades sociais, dixitais ou de liderado.

A titular de Mar subliñou a necesidade de reivindicar que o sector da pesca en Galicia se escriba en feminino e lembrou a relevancia que as mulleres do mar tiveron e teñen durante a pandemia polo coronavirus en actividades como a conserva, o artellado e arranxo de redes ou o marisqueo. Trátase de profesionais, destacou, que aportan o seu grao de area tanto ao sector marítimo-pesqueiro como ao conxunto da sociedade e contribúen a garantir o subministro de produtos de calidade á cidadanía a pesar das dificultades.

Por iso, o Executivo galego quixo corresponder esa entrega apoiando ao sector mediante o plan Avantemar, que conta cun orzamento de 77 millóns de euros para este ano co obxectivo de impulsar o antes posible a reactivación do complexo mar-industria. Precisamente, entre eses apoios inclúense preto de seis millóns de euros para profesións con gran presenza feminina como son o marisqueo ou o artellado de redes.

Rosa Quintana animou tamén ao GALP Ría de Arousa a continuar co seu gran labor a prol da igualdade e a unidade no sector pesqueiro e eloxiou o seu espírito asociativo e o seu compromiso na defensa dos intereses das mulleres do mar. Un traballo, dixo, que contribuirá a dar visibilidade ao bo facer das profesionais do sector e a impulsar ao mesmo tempo o desenvolvemento económico das zonas costeiras.

En Galicia dedícanse ao marisqueo a pé máis de 2.600 mulleres e outras 1.100 pertencen ao sector acuícola, das que arredor de 700 traballan no sector do mexillón. A elas súmanse preto de 500 profesionais embarcadas en buques pesqueiros e centos de traballadoras dos sectores conserveiro e dos produtos do mar conxelados. Unhas cifras que dan mostra da importancia que a muller ten no eido marítimo-pesqueiro da comunidade galega.

A Xunta enxalza o labor do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Ría de Arousa para visibilizar o papel da muller no mundo do mar

Outros artigos

Boiro acomete obras de pavimentado nolugar de Cubeliños

O Concello de Boiro está a executar obras de pavimentado no lugar de Cubeliños, na parroquia de Cespón. O alcalde, José Ramón Romero, achegouse ata a zona para comprobar sobre o terreo o desenvolvemento dos traballos. A actuación forma parte dun proxecto máis amplo de...

+

“Fillos da máquina”. Luís Celeiro

Era tan grande que non se vía. Ocupaba a sombra toda e, ao mirala, era de noite seguido. Non se víanada. Pero, aquel amigo tiña consigo unha teima teimuda, pensaba na ciencia, miraba para astradicións e os costumes, sacaba o bico pola galería de madeira e, ao chegar a...

+

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“As vilas invisibles”. Xosé Antonio López Silva

“As vilas invisibles”. Xosé Antonio López Silva

Non me refiro, claro está, ás vilas do homónimo título de Ítalo Calvino. En Galicia, porén, temos vilas invisibles: as do territorio do mito, como a Antioquía da Limia, mergullada pola lagoa Antela. O resto, dirán vostedes, continúan a estar ben visibles perante nós,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.