A ribeirense Conservas Cerqueira instalarase no polígono de Rianxo

16 Outubro 2020

A xerente de Solo Empresarial do Atlántico (SEXA), Beatriz Sestayo, e o alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños, avanzaron esta maña que quedan algúns flocos para a compra dos terreos no que se ubicará a histórica Conservas Cerqueira ubicada na barriada ribeirense de Bandourrío e tamén en Vigo.

A Conserveira en Ribeira

En opinión do rexidor rianxeiro será o proxecto máis importante do parque empresarial de Rianxo, tanto en volume de negocio como en termos de creación de emprego. A compañia farase con varias parcelas no lugar de Té onde están xa instaladas algo mais de ducia e media de empresas.

A xerente de Solo Empresarial do Atlántico declarou que se trata dunha importante extensión de terreo e que unha vez se faga efectivo o traslado, quedará ocupado ao redor dun 70 % do chan dispoñible do polígono industrial no que actualmente está ocupado unicamente preto do 55 %.

Fábríca de Cerqueira nos anos cincuenta do século pasado. www.riveira.eu. Foto Joferpa

Outros artigos

Volve o programa Rianxo Termal con tres novas saídas

O Concello de Rianxo, a través da Concellería de Política Social, organiza unha xeira de tres novas saídas ás Termas de Cuntis nos meses de outubro, novembro, decembro destinadas a persoas maiores de 50 anos empadroadas no noso municipio. As saídas encádranse na nova...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.