Axentes da Policía Autonómica de Santiago de Compostela, en colaboración con axentes ambientais, esclareceron un incendio rexistrado no concello coruñés de Porto do Son.
Axentes do grupo de Investigación de Incendios da Policía Autonómica de Santiago de Compostela, en colaboración con persoal do Distrito IV, procederon a tomar declaración a dous varóns, investigados como presuntos autores dun incendio forestal ocorrido o pasado 10 de outubro na parroquia de Baroña, do concello de Porto de Son.
O feitos producíronse por unha neglixencia ao facer unha fogueira para a elaboración de alimentos. Na extinción do lume participaron un axente ambiental, unha brigada municipal do concello e unha motobomba. As dilixencias por tales feitos foron remitidas ao Xulgado de Instrución de Garda de Noia.
No que levamos de ano, foron detidas ou investigadas pola Policía Autonómica 51 persoas como presuntas autoras de incendios forestais.
A Casa da Cultura do Son acollerá o día 10 un recital de piano de novas promesas locais da música Carla Morales Alvariza e Mara Oujo Maneiro
A Casa da Cultura de Porto do Son acollerá o vindeiro 10 de febreiro un recital de piano único da man de Carla Morales Alvariza e Mara Oujo Maneiro. O concerto, que dará comezo a partir das 20:30 horas, reúne a dúas novas promesas da música que deleitarán ao público...