A policía autonómica realizou inspeccións en Boiro, Noia e O Son para controlar a COVID-19

19 Outubro 2020

Axentes da Policía Autonómica levaron a cabo durante esta fin de semana 17 dispositivos na provincia da Coruña no marco do plan de actuacións
específicas destinadas á prevención, inspección e control do cumprimento das medidas adoptadas polas autoridades competentes pola covid-19. Ao abeiro destes controis, os axentes realizaron 42 inspeccións en 8 concellos da provincia na pasada fin de semana, que deron como resultado a identificación de 38 persoas e a tramitación de 19 actas de infracción.
En base a este Plan, a Policía Autonómica destinou efectivos entre o 16 ao 18 de outubro a controlar que se están a cumprir as medidas vixentes para frear a expansión do virus.
Leváronse a cabo 17 dispositivos nos municipios da Coruña, Santiago de Compostela, Ames, Boiro, Melide, Noia, Ordes e Porto do Son.
No conxunto da comunidade galega, os axentes actuaron nun total de 23 concellos, nos que que se rexistraron 97 operativos cun total de 121 inspeccións, con máis de 600 persoas identificadas e 28 denuncias tramitadas.
Estes dispositivos enmarcase no seo da colaboración entre as forzas e corpos de seguridade do Estado, cada unha no marco das súas competencias.
Durante os operativos, os axentes controlaron que nos establecementos abertos ao público, terrazas e espectáculos públicos se estaban a cumprir as medidas aprobadas polas autoridades sanitarias para facer fronte á covid-19, como o uso obrigatorio de máscara, o cumprimento da distancia de seguridade, así como o aforo e o horario de peche dos locais e a prevención do botellón.

A policía autonómica realizou inspeccións para controlar a COVID-19

Outros artigos

Atopan o cadáver dun home no seu domicilio en Noia

Un home de 78 anos foi achado sen vida no seu domicilio. O Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Noia accedeu ao interior da casa a través dunha xanela, xa que non puideron abrir a porta, a cal estaba pechada con chave. O corpo sen vida pertencía a un residente...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Estratexias kafkianas” – José Manuel Pena

“Estratexias kafkianas” – José Manuel Pena

Despois de tantos anos de período democrático e de liberdades en España, queda de manifesto que o espírito da transición durou o xusto e necesario para que se producise unha amnistía xeral de todos os crimes cometidos durante as catro décadas da ditadura militar...