A Pobra repite por terceiro ano consecutivo o programa “Espazos das Familias”

20 Outubro 2020

A terceira convocatoria do programa Espazos das Familias chega á Pobra do Caramiñal da man do Concello e a Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy. Dirixida a familias con crianzas con idades comprendidas entre os 0 e os 3 anos, a referida actividade desenvolverase ao longo de todo o período escolar sen ningún tipo de custo para as persoas participantes. As sesións terán lugar os martes, en horario de 11.30 a 13.00 horas, e iniciarán xa a vindeira semana, na casa da cultura e xuventude Raquel Fernández Soler. As encargadas de debulla-lo contido desta cita foron a concelleira dos Servizos Sociais, Amparo Cerecedo (BNG), e a responsable do proxecto na comarca e membro da mencionada asociación, Olaia González, acompañadas de varias familias e da educadora familiar do Concello, Lidia Martínez.

“Espazos das Familias”. A Pobra

A edil explicou, máis polo miúdo, que este proxecto sociopedagóxico cun
aspecto lúdico ten como principais finalidades “dotar de ferramentas educativas os pais e nais e comparti-las vivencias sobre a crianza”, pois fixo fincapé en que “o compartir e socializar son obxectivos tan importantes neste momento.” Así mesmo, apuntou que a inscrición non é pechada, polo cal calquera familia que se anime a participar nela pode facelo ao longo de todo o período lectivo, mais establécese un máximo de cinco unidades domésticas asistentes (cinco persoas adultas e cinco cativos e cativas), debido á situación sanitaria. De se producir unha maior demanda, valoraranse outras alternativas para o seu desenvolvemento, xa que sinalou que “dende o Concello pensamos que esta é unha actividade fundamental e socializadora nun momento de pandemia.”
Tamén quixo animar toda a veciñanza a tomar parte dela, pois incidiu en que “é unha actividade moi segura” ao seguirse no seu transcurso o protocolo e medidas implantadas por mor da COVID-19.
Pola súa parte, Olaia González remarcou que se vai “compartir experiencias, aclarar dúbidas sobre a educación e facer diferentes actividades cos nenos e as nenas encamiñadas a desenvolver distintas áreas.” Respecto ao curso pasado, especificou que haberá que se adaptar á nova situación, pero cun protocolo específico de actuación e extremando as medidas hixiénico-sanitarias. Ademais,manifestou que, de se producir un confinamento ou corentena, se non se lle pode dar continuidade a este espazo de maneira física será virtual. Do mesmo xeito, este ano as titorías individualizadas transcorrerán telefonicamente.

“Espazos das Familias”. A Pobra

As familias interesadas poden cubri-la ficha de inscrición nos Servizos Sociais do Concello.  
Unha vez concluído o acto de presentación, as familias asistiron a un
contacontos da man de Jorge Rey con Güe-güe, unha actividade de animación con música, teatro e danza, enmarcada dentro do programa Ler conta moito e que tivo lugar na biblioteca municipal.

Outros artigos

Sufocado un incendio nun silo en Porto do Son sen danos persoais

Un incendio declarado na mañá deste martes nun silo situado na parroquia de Miñortos, no concello de Porto do Son, quedou finalmente sufocado sen que se rexistrasen danos persoais. Segundo informou o 112 Galicia, o aviso recibíuse pasadas as 8:30 horas, cando un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Momentos Altos”. Mario Clavell

“Momentos Altos”. Mario Clavell

Camino dos minutos pisando hojas caídas de los olmos de Santa Clara. A través de losauriculares oigo el andante del concierto 2 para piano de Rachmaninov, plas, plas, plas…Saludo al vecino José Antonio en la parada del bus número 6, y veo nubes blancas entre...

“Feijóo une su suerte a la de Mazón y Abascal”. Manuel Velo

“Feijóo une su suerte a la de Mazón y Abascal”. Manuel Velo

Mazón se desentendió de la Dana el día 29 al coger un día de asueto para mocear con una periodista, habiendo dicho que no pudo estar en contacto con emergencias por un apagón de falta de cobertura, una mentira más, cuando la periodista declaró que tuvo constantes...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.