A madrugada do domingo recuperaremos o horario de inverno

A madrugada do próximo domingo, 25 de outubro, finalizará o horario de verán cando ás 3,00 horas se atrasen os reloxos e de novo volverán marcar as 2,00 horas en España. Un ano máis volveremos o horario de inverno, de acordo coa Directiva Europea do Cambio de Hora que se aplica en todos os Estados da UE.

En febreiro de 2018 a Eurocámara votou sobre a posibilidade de terminar co cambio de hora se ben en marzo deste ano a comisión de Transporte e Turismo do Parlamento Europeo apostou por atrasar ata o ano 2021 a eliminación do cambio de hora bianual proposto pola Comisión Europea para abril dese ano, de forma que as capitais tivesen máis tempo para decidir se o país queda co horario de verán ou o de inverno. Países como Portugal xa decidiron que continuarán co cambio de hora estacional.

A comisión encargada de estudar a conveniencia ou non de eliminar cambio horario estacional, ditaminou que España debía manter o seu actual fuso horario, un debate paralelo ao do cambio de hora estacional e no que algúns se inclinaban por que España adoptase o fuso horario de Londres e Portugal fronte ao de Berlín.