A Deputación da Coruña axuda con 1,85 millóns á modernización e dixitalización das pequenas empresas e dos autónomos

14 Outubro 2020

A Deputación da Coruña anunciou este martes 13 que vai destinar 1,85 millóns de euros para apoiar a 238 pequenas empresas e profesionais autónomos dos concellos da provincia a través da liña de axudas PEL-Emprende. A contía adicarase a facilitar a consolidación e modernización do tecido produtivo, ao tempo que se apoian medidas que redunden na súa competividade. Nun plano máis concreto, estas axudas, que se suman ás liñas de creación de emprego do PEL (que este ano permiten a creación de 666 postos de traballo), permitirán a adquisición de aplicacións informáticas, mobiliario, maquinaria ou equipos tecnolóxicos e procesos de modernización e dixitalización.

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, explicou que a liña PEL-Emprende subvenciona ata un 70% dos investimentos, con axudas que van dos 2.450 aos 17.500 euros, e que o 62% dos beneficiarios/as son autónomos, seguidos por un 37% de microempresas, empresas que conta cun máximo de dez traballadores/as. Tamén fixo saber que “máis do 62% das firmas beneficiarias das axudas PEL-Emprende 2020 están dirixidas por mulleres e céntranse sobre todo no sector terciario”. Amais, dixo, “preto dun 90% das empresas beneficiarias enmárcanse neste sector, no que destacan as actividades relacionadas co comercio, a hostalería e o turismo”.

En canto á distribución das axudas por concellos, en PEL-Emprende Investimento cabe destacar que se van beneficiar 35 empresas e autónomos/as pertencentes ao concello da Coruña, cun importe total concedido de 273.587,20 euros, 15 de Santiago de Compostela con 142.300,66 euros, Ames tamén con 9 solicitudes concedidas e 85.348,96 euros, Fisterra con 9 solicitudes concedidas por un total de 73.490,92 euros, e Vimianzo con 7 solicitudes concedidas e un importe en axudas de 58.067,48 euros. Entre as catro suman 75 das 238 solicitudes concedidas para investimentos, o que supón un 31,51%.

Outros artigos

Sufocado un incendio nun silo en Porto do Son sen danos persoais

Un incendio declarado na mañá deste martes nun silo situado na parroquia de Miñortos, no concello de Porto do Son, quedou finalmente sufocado sen que se rexistrasen danos persoais. Segundo informou o 112 Galicia, o aviso recibíuse pasadas as 8:30 horas, cando un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Momentos Altos”. Mario Clavell

“Momentos Altos”. Mario Clavell

Camino dos minutos pisando hojas caídas de los olmos de Santa Clara. A través de losauriculares oigo el andante del concierto 2 para piano de Rachmaninov, plas, plas, plas…Saludo al vecino José Antonio en la parada del bus número 6, y veo nubes blancas entre...

“Feijóo une su suerte a la de Mazón y Abascal”. Manuel Velo

“Feijóo une su suerte a la de Mazón y Abascal”. Manuel Velo

Mazón se desentendió de la Dana el día 29 al coger un día de asueto para mocear con una periodista, habiendo dicho que no pudo estar en contacto con emergencias por un apagón de falta de cobertura, una mentira más, cuando la periodista declaró que tuvo constantes...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.