A COVID-19 disparase coas peores cifras de positivos. Tres novas vítimas elevan a 779 os mortos. Soben os activos e ingresados na área Santiago-Barbanza pola Covid-19

09 Outubro 2020

Tres novos falecementos, dous deles asociados a residencias, elevan a 779 as vítimas en Galicia. Os máis de 400 positivos comunicados supoñen a peor cifra desde o 2 de abril e desta segunda onda do covid-19.

Na Área sanitaria Santiago-Barbanza rexistra este venres 552 casos activos, sete máis que onte.
Hai 31 hospitalizados no Hospital Clínico de Santiago, cinco novos casos (6 deles en Unidades de Críticos). Os pacientes curados suben a 3.465 e as PCR realizadas 83.520. Na comarca Muros xunto a Boiro e Rianxo pasa a nivel 1, Ribeira está en nivel dous nos casos positivos de PCR.

En Galicia a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.264, deles 757 son da área da Coruña, 494 da de Lugo, 1.351 da de Ourense, 573 da de Pontevedra, 433 da área de Vigo, 552 da de Santiago, e 104 da de Ferrol.Do total de pacientes positivos, 38 están en UCI, 187 en unidades de hospitalización e 4.039 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 21.106 persoas curadas, rexistrándose 779 falecementos. O número de PCR realizadas é de 537.192.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.