A coordinadora CEMMA celebra este mércores 21 o Día da Balea

21 Outubro 2020
Albiscamento de baleas na nosa costa nunha imaxe de Pablo Covelo_CEMMA

Este 21 de outubro celébrase o Dia da Balea, conmemorando unha data moi significativa para o pobo galego: o día (unha xornada coma a de hoxe, de outubro de 1985) en que dimos caza ao derradeiro gran cetáceo en Galicia. Unha data que, segundo nos recorda a Coordinadora para o Estudo de Mamíferos Mariños (CEMMA), marcou un fito ao rematar na nosa costa cunha actividade que en diferentes fases seguiu viva dende a Idade Media, tal e como testemuñan todo tipo de documentos e narracións orais, os emblemas dalgún dos nosos concellos (como o de Caión) ou os nomes dalgunhas praias e calas (por exemplo Balieiros en Corrubedo).

O CEMMA, en homenaxe ás baleas e como tributo aos longos séculos de sufrimento e sacrificio, vén celebrando dende hai uns anos a data do 21 de outubro, “como día senlleiro en que o pobo galego acadou a paz con estes mamíferos mariños”, poñendo o punto e final ás factorías baleeiras e á actividade de caza mariña no sur de Europa. Entre as actividades previstas para conmemorar a xornada a coordinadora incluíu un foro debate co doutor e investigador Alex Aguilar, presentado polo biólogo e presidente de CEMMA, José A. Martínez Cedeira. Poderemos asistir á actividade virtualmente a través de Jitsi, poñendo como clave de acceso a palabra AGUILAR.

O tema da conferencia xirará arredor da Alimentación das baleas e as súas relaciones de competencia. Segundo explica a coordinadora, é un tema de interese debido aos frecuentes albiscamentos de baleas que se están a rexistrar na nosa costa. Así o constataron esta mesma fin de semana durante o embarque participativo da CEMMA, na que puideron ser observados varios exemplares entre elas unha balea azul. Nesta tempada téñense albiscado exemplares de balea común, azul, boreal e alibranca

Dr. Alex Aguilar

O doutor Alex Aguilar é catedrático do Departamento de Bioloxía Evolutiva, Ecoloxía e Ciencias Ambientais e xefe do Grupo de Investigación de Grandes Vertebrados Mariños da Universidade de Barcelona. Autor dun grande número de artigos e publicacións científicas, membro dos comités científicos da Comisión Internacional da Baleeira (IWC) e da Unión Internacional para a Conservación da Natureza (IUCN).

Traballou de biólogo nas factorías baleeiras nos anos 80 resultado do cal publicou o libro CHIMÁN, a día de hoxe a recompilación máis completa sorbe a caza de baleas na Península Ibérica.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.