A Comunidade de Montes de Baroña expón o seu modelo de explotación nun webinario sobre montes sustentábeis

29 Outubro 2020

O PEFC Galicia, a Xunta, o COETFG e a UVigo organizan este 30 de outubro un seminario online sobre unha cuestión que colle moi de preto aos propietarios de montes e ás mancomunidades dos nosos concellos: a cuestión dos montes veciñais e e como convertelos, apostando pola rendibilidade e polo ecolóxico, en explotacións sustentábeis. Na sesión, na que vai participar Ovidio Queiruga González, presidente da Comunidade de Montes Veciñais de Baroña, tamén se abordarán cuestións como a ordenación e a certificación e, tamén, temas específicos de rendemento como a explotación da resina.

A xornada comeza ás 10.00 horas cunha sesión de apertura a cargo de Enrique Valero Gutiérrez del Olmo, presidente do PEFC Galicia, que dará paso a Odón López López, da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, quen falará das novidades en materia de regulamento a aproveitamentos dos montes. Tamén intervirán Arantza Pérez Oleaga (responsábel de Xestión Forestal Sustentábel do PEFC España), Xana Álvarez Bermúdez (da Escola de Enxeñaría Forestal de Pontevedra), Ismael Olveira Lema (secretario da Fundación Arume e director de Negocio Madeira Maciza na compañía FINSA) e Juan Carlos Álvarez Cabrero (Premio Nacional de Desenvolvemento Rural Sustentábel).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.