“Unha festividade do Nazareno certamente distinta esta do mal ano 2020”. Por Antonio González Millán

20 Setembro 2020
Antonio González Millán

Un novo colaborador incorporase as sinaturas dos nosos articulistas en” O Barbanza”. Hoxe contamos co texto de Antonio González Millán, historiador, director do Museo Valle-Inclán de A Pobra, e redactor do expediente para a declaración do Nazareno – As mortallas como festa de interese turistico de Galicia en 2000. Para nos un luxo contar coa súa colaboración.

———–

Unha festividade do Nazareno certamente distinta esta do mal ano 2020. Impresiona descubrir que o silencio é a outra cara do son. Silencio absoluto, enrarecido, espectante, dramático o dunha contorna monumental como este de O Castelo, na Pobra do Caramiñal, e os rostros medorentos duns poucos devoios firmes no seu crer ou no seu desexo intimo de sandar corpo e ánimo. Todo nos revela o berro da historia vivida e da tradición con máis de 500 anos que, como a humanidade, resistense a ese esquecemento que só traerá a morte.

Ideas e ritos que resistiron ao paso do tempo e ás arbitrariedades do home. Por iso son símbolo. Son parte identitaria nosa. Da Galicia eterna.

A PROCESIÓN DAS MORTALLAS ofrecidas en promesa a este Cristo con notable fama de taumatúrxico era (é) celebración tan dramática como excepcional polo desfilar de cadaleitos e o vestir de hábitos morados ofrecidos ex-voto por quen sinte rexurdido ou por quen fai votos de selo. NON SE INTERROMPEU. Aínda que por obvias razóns de seguridade e por prevencións sanitarias –aquí si respectadas– foi recollida, simplificada e breve.

Unha celebración ritual que pola súa propia natureza é manifestación de carácter único solemne, enfático e unha singularidade cultual… cultural… antropolóxica.. e festiva excepcional de Galicia… Adquiría este 2020 un descoñecido ton e outro protagonismo: a habitual multitude de miles e miles de persoas deixou paso á prudencia e, como debeu de ser nas súas origenes, a imaxe catalizadora dunha sanadora latria popular, desexos, súplicas, inquietudes, medos, esperanzas, ilusións, promesas e agradecementos desfilou solitaria.

Aquela que soubo de ciclos de ameazantes pestes e fames negras, de epidemias duras como o cólera, tifus, tuberculose, sida, sobrevivirá ao coronavirus actual.

(Fotos de Desde Pobra)

Outros artigos

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

+

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

+

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

+

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.