Sés actuará en Boiro o día 12 de setembro

02 Setembro 2020

A cantante galega Sés estará este mes de setembro en Boiro ao abeiro da programación do Verán Cultural do Concello e da axenda da Secretaría Xeral de Política Lingüística. En concreto, recalará na praza do Centro Social o día 12 de setembro: unha cita enmarcada na súa xira Liberar as Arterias. O concerto será un concerto en formato pequeno e adaptado á complexa realidade sanitaria. De feito, virá con formato de actuación a duo e será obxecto dos máis estritos protocolos de seguridade (obrigatoriedade de máscara, distanciamento, aforo limitado, etc).

Será ás 21.00 horas na praza detrás do Cento Social, unha actividade dentro dun programa de dinamización lingüística da Secretaría Xeral de Política Lingüística. O concerto é de balde pero as prazas son limitadas. A reserva de entradas pode facerse no enderezo electrónico reservacultura@boiro.gal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.