Ribeira lanza dúas liñas de axudas para facilitar ás familias a compra de equipos informáticos

24 Setembro 2020

A pandemia guíndanos esixencias sanitarias, pero tamén tecnolóxicas. De feito, o panorama que nos agarda é un panorama onde se nos vai esixir, máis ca nunca, vivir dixitalmente e facer uso de todo tipo de recursos tecnolóxicos para formarnos, traballar, aprender e comunicarnos. En base a isto e co obxectivo de evitar exclusións tecnolóxicas, o Concello de Ribeira vén de lanzar dúas liñas de axudas para a compra de equipos informáticos por parte dos fogares con nenos en idade escolar. Inclúense equipos de sobremesa ou portátiles e entre os requirimentos base atópase o de ser adquiridos no comercio local.

Estes e ouros detalles das axudas foron dados a coñecer este xoves 24 pola concelleira de Innovación Tecnolóxica, Ana Barrerio, quen subliñou que esta nova iniciativa, denominada Innova-Formación, forma parte do paquete de axudas do Plan Reactiva Ribeira e posúe dúas liñas, cada unha das cales está dotada de 30.000 euros.

Segundo fixo saber, unha destas liñas está dirixida ás familias con carácter xeral, prevéndose axudas de entre 100 e 200 euros dependendo da capacidade económica da unidade familiar conforme a uns parámetros recollidos nas bases da convocatoria.

A segunda das axudas estará dirixida exclusivamente a familias afectadas pola pandemia de COVID (persoas que estiveran ou están paradas ou afectadas por ERTEs).

Tamén explicou, centrándose nas bases, que para poder acollerse os veciños a algunha das dúas liñas cómpre que teñan fillos matriculados nos centros docentes públicos ou concertados do municipio (educación primaria, secundaria, bacharelato ou ciclo formativo de grao medio de formación profesional).

A convocatoria estará vixente unha vez sexa publicada no Boletín Oficial da Provincia (previsiblemente na semana vindeira). Haberá 15 días hábiles para formular solicitudes.

Os equipos informáticos poderán ser adquiridos exclusivamente en establecementos do comercio local previamente adheridos ao programa Innova-Formación. Disporán para isto un prazo de 15 días hábiles dende a publicación da convocatoria.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.