O Consello Escolar Municipal de Boiro e a súa adaptación á nova realidade, a pleno este mes de setembro

07 Setembro 2020

Back to school concept. School empty classroom, Lecture room with desks and chairs iron wood for studying lessons in highschool thailand without young student, interior of secondary education

O Concello de Boiro debaterá no pleno de setembro a reactivación do Consello Escolar Municipal, un instrumento de participación veciñal constituído en 2012 que se prevé modificar, dende a Concellaría de Educación, para adaptalo ás necesidades actuais de seguridade sanitaria.

A Concellaría sostén que o consello “está en condición de ofrecer unhas perspectivas de interese xeral que deben axudar a clarificar os problemas que se deriven do funcionamento do sistema educativo”, polo que estamos, engade, ante “unha ferramenta máis que necesaria no intre actual, marcado pola COVID”. Segundo a Concellaría, o consello escolar ten potencial para contribuír á resolución dos moitos retos educativos que guinda o actual panorama.

Antecedentes

O Concello de Boiro constituíu o Consello Escolar Municipal como órgano de consulta e participación cidadá regulándoo a través do regulamento publicado no Boletín Oficial da Provincia número 109, do 11 de xuño de 2012. Coa modificación deste regulamento, que se debaterá no pleno da corporación do mes de setembro, preténdese “adaptalo ás necesidades sociais e educativas actuais e integrar a todos os sectores implicados na función educativa do municipio”.

A concelleira de Educación, María Outeiral, realizou xuntanzas e contactos cos distintos colectivos educativos para a súa constitución e posta en marcha. Entre as modificacións que se van engadir ao regulamento están as funcións do mesmo, entre as que se engaden puntos importantes como son o apoio ou asesoramento ás ANPAS; a creación de sinerxías en materias como o deporte, a cultura, o medio ambientes; e a colaboración para calquera asunto social, cultural, sanitario.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.