O BNG reclama garantir o servizo presencial segura en atención primaria

30 Setembro 2020

Representantes comarcais do Bloque Nacionalista Galego reuníronse este martes 29 cos integrantes da Plataforma en Defensa da Sanidade da Barbanza co obxectivo de analizar os problemas do sistema de saúde na nosa contorna. Na reunión estivo presente a deputada do BNG Rosana Pérez, acompañada da responsábel comarcal Elvira Branco, do alcalde rianxeiro Adolfo Muíños, o voceiro do BNG en Porto do Son Balbino González, do concelleiro ribeirense Luís Pérez. A raíz do falado e do acordado, os nacionalistas reclamaron garantir “unha atención presencial segura” e rematar coas listaxes de espera.

Na xuntanza a plataforma trasladou á agrupación nacionalista algunhas das súa principais reclamacións, como por exemplo a necesidade de contratar máis persoal en determinadas especialidades, solucionar a falta de espazo no Hospital da Barbanza, pór freo ao deterioro que sofren os centros de saúde das parroquias ou acadar máis transparencia en materia de informes relativos á evolución da COVID-19.

A deputada nacionalista, Rosana Pérez, avanzou que trasladará estes temas ao Parlamento galego para esixir á Xunta que “cubra as necesidades de persoal existentes e unha dotación suficiente de material sanitario”. Pérez Fernández cualificou de “especialmente grave” que os centros de saúde de Taragoña e Cabo de Cruz “aínda non abrisen as súas portas”, o que para a nacionalista, demostra “o interese da Xunta no desmantelamento da atención sanitaria de proximidade”. O BNG tamén se preocupou pola a situación de abandono que sofren os de Aguiño, Palmeira, Corrubedo e Xuño, en maior medida, ou pola falta de profesionais nos centros de saúde de Boiro, A Pobra e Ribeira.

Pérez Fernández avanzou que reclamará á Xunta accións inmediatas para, nas súas palabras, “garantir a atención presencial segura e rematar coas listas de espera en atención primaria e aumentar o orzamento destinado a primaria no inmediato 200 millóns de euros”. Por último, agradeceu o traballo dos membros da Plataforma da Sanidade e quedou á súa disposición para trasladar as súas demandas ao Parlamento.

Outros artigos

Martes 20, marcado pola choiva e o vento do sur

As Rías Baixas e a comarca de Santiago quedarán este martes baixo a influencia das baixas presións situadas ao sur de Irlanda, que enviarán a Galicia unha nova fronte activa. A situación traerá ceos cubertos e precipitacións xeneralizadas, que serán máis intensas e...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Tú, yo, nosotros” – Manuel Domínguez

“Tú, yo, nosotros” – Manuel Domínguez

Tú, yo, nosotros.Leyendo a Tucídides y su Guerra del Peloponeso, me lleva a desarrollar el siguiente artículo.En el año 416 a C, Atenas pide a la isla de Melos se entregue al poder de Atenas, esta confía en que Esparta la ayude, pero no, queda a abandonada su...

“E do pobre Fernández nunca máis se soubo” – Antón Luaces

“E do pobre Fernández nunca máis se soubo” – Antón Luaces

Namoramos, casamos e fomos pais en tempo de ditadura. No lombo, no canto de estrelas amarelas luciamos, marcado a fondo, o desexo de mellorar. E melloramos deixando de traballar o sábado pola tarde e a costa do pluriemprego que nos permitiu acceder a préstamos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.