Música, cultura urbana e contos enchen a terceira semana de setembro en Boiro

14 Setembro 2020

M-Clan actuarán en Boiro da man da Pousada da Galiza Imaxinaria e o Concello

O verán encara a súa recta final pero a axenda cultural boirense chega a un dos seus puntos culminantes, con actividades tan importantes como unha cita arredor dos contos con Magín Blanco, unha das máis salientábeis figuras da música en galego para crianzas, ou o encontro do día 19 cunha das bandas de rock máis destacadas do panorama español das últimas décadas: M-Clan.

A axenda desta terceira semana de setembro comeza este xoves 17, cunha sesión de contacontos con Raquel Queizás, ás 20.00 horas no Centro Social de Escarabote. A contadora e escritora ofrecerá o espectáculo Cinema Marabillas, unha actividade para o fomento da lectura e para estimular a creatividade e os talentos da rapazada. Insírese no programa Ler Conta Moito e na programación do Verán Cultural do Concello. As prazas son limitadas e reservaranse a través do correo reservacultura@boiro.gal.

O venres 18 os protagonistas son os obradoiros de DJ e de freestyle football, que se celebran na Boqueira de A Negral a partir das 18.00 horas (sempre e cando non haxa choiva) e que teñen o obxectivo de estimular a creatividade e a participación das novas xeracións en diferentes expresións artísticas da cultura urbana. Insírese na programación do Festival de Arte Urbana de Boiro. As prazas son limitadas e a inscrición hai que facela no enderezo educacion@boiro.gal.

O mesmo día, venres 18, as familias teñen unha cita ineludíbel con Magín Blanco na Casa da Cultura de Boiro, onde o músico e contador ourensán achegará unha sesión de contacontos a partir das 20.00 horas. Trátase do espectáculo O que levamos nas maletas. As prazas son novamente limitadas. As inscricións hai que facelas no enderezo electrónico reservacultura@boiro.gal ou no teléfono 981 84 84 25.

Ao día seguinte, no Centro Social de Abanqueiro, a cultura e a música tradicional galega será o fío temático da Xilbarbeira con Paideia, unha actividade formativa e divulgativa a cargo do colectivo local Xilbarbeira e que incluirá unha clase maxistral e un concerto de Ailá da man da Fundación Paideia.

O sábado 19 de setembro o Concello de Boiro e A Pousada da Galiza Imaxinaria organizan un concreto cunha das máis representativas bandas do rock estatal: M-Clan. O concerto está previsto para as 20.00 horas, na praza da Boqueira da Negral. As entradas están á venda na tenda Baldani ou online a través da web da Pousada.

Outros artigos

A Boliña (Boiro) celebra este sábado o seu magosto

O Campo de Revelar (A Boliña, Boiro) vai acoller este 7 de novembro a celebración do magosto popular da Boliña. Será unha cita participativa para veciños e visitantes que dará comezo ás 18.00 horas do sábado. Haberá celebracións gastronómicas con castañas e viño e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

Hai bos xuíces, profesionais e valentes que cumpren coas súas obrigas. Un deles, sen dúbida, é Borja Pérez, titular do Xulgado Número 2 de Ribeira. Dita un auto xudicial polo cal suspende o lanzamento dunha familia vulnerable de Ribeira, en aplicación do novo RDL...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.