“Materia pendente: A vivenda”. José Manuel Pena

04 Setembro 2020

Durante décadas deixouse de lado a problemática da vivenda en España e isto xerou centos de miles de desafiuzamentos de familias vulnerables que ademais de quedar sen a vivenda habitual tamén se quedaron coa totalidade da débeda hipotecaria. Actualmente, a maioría das entidades financeiras que embargaran esas vivendas, regaláronllas “” aos fondos de investimento e aos fondos voitres que tamén as sacan “a prezo de saldo” para a venda libre a particulares.

En Galicia os datos de desafiuzamentos e a carencia de vivendas con destino a alugueres sociais tamén son moi lamentables. Segundo o Instituto Nacional de Estatística, unicamente na provincia da Coruña hai, actualmente, máis de 135.000 vivendas baleiras e a Xunta de Galicia só posúe un parque público de vivenda de 3.700. Soamente na cidade da Coruña, actualmente, case 3.000 familias continúan á espera dunha vivenda protexida, #ante a carencia de recursos para a compra libre ou as elevadas rendas do aluguer privado.

Desde o ano 2.007 en que se creou, por parte da Xunta de Galicia, o Rexistro único de demandantes de vivenda de Galicia baixaron o número de familias rexistradas porque a realidade non lles soluciona os seus problemas habitacionales. Actualmente son máis de 10.000 as familias rexistradas no devandito Rexistro para a demanda dunha vivenda pública, en propiedade ou en aluguer social e seguen esperando. Mentres tanto, en Galicia, un número importante de vivendas públicas levan anos baleiras, á espera das novas adxudicacións por sorteo público.

Sen dúbida a vivenda segue sendo unha materia pendente e que ademais se debe enfrontar de maneira integral, pois son diversos os factores que afectan á maioría destas familias vulnerables.

Outros artigos

“Vivos y muertos”. Mario Clavell

Los forenses han identificado las últimas víctimas de Urda, Toledo. La señora muerte guadaña pilló impensadamente el pasado 28 de octubre a sesenta y nueve de los nuestros. Me ha electrizado admirar la variedad de  personalidades.   En noviembre se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

Hai bos xuíces, profesionais e valentes que cumpren coas súas obrigas. Un deles, sen dúbida, é Borja Pérez, titular do Xulgado Número 2 de Ribeira. Dita un auto xudicial polo cal suspende o lanzamento dunha familia vulnerable de Ribeira, en aplicación do novo RDL...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.