Este sábado inaugúrase no Museo de Artes a mostra do XI Premio Atlante de Gravado

30 Setembro 2020

O Museo de Artes do Gravado vai acoller este sábado a inauguración da mostra do undécimo Premio Atlante de Gravado, que impulsa a fundación do dito espazo cultural e expositivo emprazado na parroquia de Artes, en Ribeira. A cita será o sábado 10 ás 13.00 horas, na sala de exposicións número 0 do Museo do Gravado. Contarase coa presenza do presidente da entidade e alcalde de Ribeira, Manuel Ruíz Rivas, o vicepresidente Javier Expósito Paradela, e o director do Museo, Pastor Rodríguez. Na inauguración da mostra tamén se vai proceder a entregar os galardóns do devandito certame de gravado.

A colección poderá visitarse do 10 de outubro ao 15 de decembro de 2020 no espazo museístico de Artes. Debido ás restricións de aforo motivados pola COVID-19, as persoas interesadas en acudir deben formalizar a súa asistencia en fundartes@gmail.com ou no teléfono 981 871 342 antes do 09/10/2020.

Outros artigos

O BNG reclama cubrir o 100% dos médicos en Ribeira e Aguiño

A veciñanza de Ribeira volveu mobilizarse este xoves 5 de marzo en defensa da sanidade pública para reclamar a cobertura das prazas sanitarias que continúan vacantes nos centros de saúde do municipio. O ex-alcalde, Luís Pérez Barral, xunto con compañeiros e...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Nadie quiere la guerra?” – Manuel Domínguez

“Nadie quiere la guerra?” – Manuel Domínguez

Nadie quiere la guerra, mentira. Cuando se cerró la fábrica de armas de Coruña (nombre ficticios) tanto Juan como el sobrino Pablo fueron al paro, y la hipoteca sin pagar. En el norte de España tenemos una fábrica de armas , entre otras cosa fabrica buenas escopetas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.