Esgotadas as entradas para ver a Sés en Boiro

04 Setembro 2020

O Concello de Boiro informou este venres 4 de que as entradas para o concerto Sés na localidade o vindeiro 12 de setembro están xa esgotadas. Por motivos de aforo, o concerto decidiu trasladarse á praza da Boqueira de A Negral, no canto da praza do Centro Social de Boiro, onde estaba previsto nun principio, polo que o número de entradas dispoñíbeis ascendeu a 300. Porén, xa están todas reservadas.

O Concello recorda que o acceso para ver a actuación, que debe facerse “seguindo todas as medidas seguridade decretadas para espectáculos e actuacións musicais”, só está permitido para aquelas persoas que teñan feita a reserva.

Sés vai actuar o vindeiro sábado 12 de setembro en Boiro, no marco das actividades do verán cultural que organiza a Concellería de Cultura do Concello de Boiro. O concerto forma parte dun programa de dinamización lingüística da Dirección Xeral de Política Lingüística.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.