Dodro fai obras nas escolas a cargo do Plan Único de Concellos e incrementa o número de matrícula despois de anos

10 Setembro 2020

Despois de meses pechados a raíz da presenza da COVID-19, o pasado 4 de setembro botou a andar a escola infantil de Dodro, este día 10 tamén o fixo o último ciclo de infantil no CRA e primaria no CPI Eusebio Lorenzo Baleirón, e o día 16 de setembro farao secundaria.
O Concello de Dodro nos meses de verán acometeu obras nas escolas unitarias de Bexo, Vigo e Chenlo por valor de 64.554,77 euros a cargo do Plan Único de Concellos “ pos+Adicional 1/2019” da Deputación de A Coruña, que consistiron en :
• Escola de Vigo; Illamento exterior de dúas fachadas en mal estado, conversión dos dous aseos existentes nun único adaptado para persoas con mobilidade reducida e substitución de portas de acceso e interiores da planta baixa.
• Escola de Chenlo; Substitución de portas de acceso da planta baixa por unhas novas de aluminio, con rotura de ponte térmica e peche de seguridade.
• Escola de Bexo; Illamento exterior das fachadas, substitución de ventás da planta baixa por unhas de aluminio con rotura de ponte térmica e persiana, eliminación de tabiques na planta superior e colocación de tarima flotante nas dúas plantas.
Tamén se fixo unha labor de acondicionamento dos interiores e entornas das instalacións educativas co persoal municipal, consistente na roza e limpeza, colocación de canastras, redes de porterías, pequenos arranxos en portas, baños …
A nova situación tamén fixo que persoal municipal colaborara no traslado de mobiliario tanto do CRA como do CPI para adaptar as aulas a distancia esixida, ademais de pequenos arranxos e colocación de novo mobiliario.
As recomendacións e esixencias de limpeza e desinfección dos centros educativos por parte das autoridades pertinentes fai que o concello de Dodro teña que facer un gran esforzo para garantir este servizo, con todo, este vai ser cuberto para cumprir cos protocolos deseñados polas direccións dos centros. Con respecto a este asunto o Pleno do concello aprobou na sesión do 12 de agosto “Reclamarlle á Xunta de Galicia que transfira fondos aos concellos para xestionar o aumento de carga de traballo do servizo de limpeza nos centros educativos por mor da pandemia do COVID-19” na liña do reclamado tamén pola FEGAM.
Por último informar que a escolarización no último ciclo de educación infantil, primaria e secundaria nos centros educativos do municipio para este curso 2020/2021 incrementouse en 3 matrículas en relación o curso 2019/2020.
Desde o goberno municipal apela a que entre todos , centros de ensino, familias e administracións, actuando con responsabilidade e cumprindo cos protocolos deseñados polas direccións dos centros e as autoridades sanitarias, seremos capaces de superar este desafío de loita contra a pandemia, e que o curso académico se desenvolva coa maior normalidade
posible.

Outros artigos

O Concello do Dodro rende homenaxe a Moncho Reboiras

O Concello de Dodro organiza unha homenaxe a Ramón Reboiras Noia, Moncho Reboiras, este mércores 12 de agosto, ás 13.00 horas na Lavandeira (Imo). Data na que se cumpren 51 anos do seu asasinato en Ferrol a mans da policía franquista. O aniversario do pasamento de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Todas as culpas recaen en Pedro Sánchez”. Antón Luaces

“Todas as culpas recaen en Pedro Sánchez”. Antón Luaces

Dí o PP que Pedro Sánchez "non quere un Rei preto do pobo; o PP, sí". Segundo fontes do partido, o PP vai exercer presión parlamentaria no Congreso para esixir explicacións ao Goberno e a visita do presidente de Ceuta ao palacio de Marivent , residencia vacacional dos...

“Detrás do manto de poder”. Luís Celeiro

“Detrás do manto de poder”. Luís Celeiro

Que estará pasando para que ninguén, nin os máis listos, saiban nada do que pasa. Un deputadogalego, despois dunha crise política que se cargou a parte do goberno autonómico, dixo coa man nopeito, do lado do corazón, aquí, “pasou o que pasou”. Todos o entenderon....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.