CONGALSA converte en virtual a sĂșa andaina solidaria polo Barbanza

30 Setembro 2020

CONGALSA vai dar unha viraxe tecnolĂłxica, innovadora e segura ĂĄ sĂșa habitual andaina solidaria, unha iniciativa deportiva, lĂșdica e de responsabilidade social corporativa que a empresa de produtos de mar desenvolve cada pouco na compaña dos seus traballadores, reivindicando paisaxe (a da comarca do Barbanza) e solidariedade. Segundo informou a empresa da Pobra do Caramiñal, este ano a andaina solidaria serĂĄ virtual. “A idea”, engade, â€œĂ© que os interesados poidan efectuar o percorrido que consideren, ao longo dos 15 primeiros dĂ­as do mes de outubro”. Como dixemos, con esta viraxe dixital ponse en xogo un importante elemento de seguridade sanitaria, ao evitarse, a travĂ©s dunha proposta graduada, concentraciĂłns de persoas nun mesmo punto.

Tråtase da quinta edición desta iniciativa benéfica que busca recadar fondos para botar unha man, a través de ONG locais, ås familias måis necesitadas do Barbanza (especialmente ås måis afectadas pola pandemia).

CONGALSA puxo en xogo este ano outra importante novidade que engadir ĂĄ xa citada: converteu a experiencia nunha experiencia aberta. AsĂ­, a diferenza de anteriores ediciĂłns, nesta ocasiĂłn a andaina estĂĄ aberta non sĂł aos traballadores da empresa, senĂłn tamĂ©n aos seus familiares, amigos, a representantes de entidades colaboradoras e a todo aquel que queira colaborar, con independencia da sĂșa localizaciĂłn xeogrĂĄfica.

Unha cota solidaria de tres euros

As persoas interesadas en participar deben inscribirse a travĂ©s do sitio web galitiming.com. CONGALSA lembra que nas catro ediciĂłns anteriores, a cota de inscriciĂłn era 1 quilogramo de alimentos, pero nesta ediciĂłn, para poder cumprir cos protocolos COVID, fixouse unha cota solidaria de tres euros. A partir de aĂ­, entre o 1 e o 15 de outubro, os participantes dispoñen de 15 dĂ­as para realizar a andaina (poden acometer calquera distancia local que desexen). Para difundir a iniciativa, enviarĂĄn ĂĄ organizaciĂłn unha fotografĂ­a sĂșa co dorsal, tomada ao comezo do percorrido, durante o mesmo ou unha vez finalizado este. Aquelas persoas que tomen parte na iniciativa recibirĂĄn un agasallo corporativo de CONGALSA. A empresa doarĂĄ ĂĄs entidades beneficiarias o triplo da cantidade que se recade entre todos os participantes na andaina.

Outros artigos

A Pobra conmemora o DĂ­a das Bibliotecas cun contacontos infantil

No 24 de outubro conmemĂłrase o DĂ­a das Bibliotecas e, por tal efemĂ©ride, a ConcellarĂ­a da Cultura da Pobra do Caramiñal organiza un contacontos ao abeiro do programa Ler Conta Moito. Paula Carballeira narrarĂĄ Contos de sapos, bruxas e curuxas ao pĂșblico familiar a...

+


Publicidade

ï‡Ș

Revista en papel



OpiniĂłn

“ÂżQuĂ© es la democracia?” – Manuel DomĂ­nguez

“ÂżQuĂ© es la democracia?” – Manuel DomĂ­nguez

La democracia termina siendo el “gobierno de la mayorĂ­a” La decisiĂłn de la mayorĂ­a se considera la adecuada, la justa, es representativa de la sociedad, la mayorĂ­a decide y se acepta, considerando, que en ella reside el conocimiento. Ejemplos, si tuviĂ©ramos que...

“Ni sumisiĂłn ni servilismo” – JosĂ© Antonio Constenla

“Ni sumisiĂłn ni servilismo” – JosĂ© Antonio Constenla

El próximo 13 de diciembre, el coronel de la Guardia Civil, Diego Pérez de los Cobos cumplirå 61 años y pasarå a la reserva, ya que debido a las trabas y obståculos del ministro del Interior, no ascenderå a general. En su discurso el Día del Pilar, Patrona del Cuerpo,...