Chega o outono e con el as chuvias

30 Setembro 2020

Estreamos outubro, o mes outonal que nos trae un refraneiro moi marcado polas festividades relixiosas e tamén polas tarefas do campo propias destas datas. Cumprindo a tradición tralo veraniño de San Miguel chega o “cordonazo” de San Francisco que por terra e mar faise notar.

Así teremos ceos con nubes e claros nas próximas datas, ocasionalmente moi anubrados. Haberá precipitacións tódolos días. Ata o sábado están previstas chuvias con ata 25 litros/m2, acumulados, se ben mais o norte da provincia as chuvias poden chegar a 40-50 l/m2

En canto ás temperaturas, serán normais para as de madrugada e baixas para as de día respeto ó agardado para este período, con mínimas que ascenderán lixeiramente e máximas que descenderán lixeiramente. Vento forte do Sudoeste o xoves pola noite; e forte do Noroeste o venres pola tarde. En canto ó estado da calidade do aire, cambiará a admisible.

Outros artigos

Domingo, véspera de San Xoán con sol e calor chegando ós 30 graos

Influencia anticiclónica sobre Galicia durante o domingo. Teremos ceos despexados na metade sur e con intervalos de nubes baixas na metade norte, máis compactas no litoral. Posibilidade de bancos de néboa matinais en zonas de interior. As temperaturas experimentarán...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La Confianza” – José Antonio Constenla

“La Confianza” – José Antonio Constenla

En la actualidad atravesando una crisis de confianza, con mil explicaciones, pero ninguna sencilla ni clara, que dificulta la comprensión del mundo en el que vivimos. Un efecto de estos es que los discursos no sintonizan con la realidad en la que estamos inmersos....