Catro os alumnos contaxiados en Barbanza pola Covid-19


Un novo neno dou positivo en coronavirus en Barbanza. Trátase dun alumno da Galiña Azul de Rianxo. Amais hai dous irmáns no Colexio Castelao e outro neno na escola infantil Praia Xardín.

O primeiro caso coñecíase o luns 14 de setembro, e era un alumno do centro de Praia Xardín de Boiro. Como medida de precaución tamén debían de gardar corentena os outros dous nenos cos que formaba o grupo burbulla e as dúas profesoras que os atendían.

Nas últimas horas a Consellería de Sanidade notificaba outro caso de covid-19 na Galiña Azul de Rianxo, onde tamén se decidiu enviar a casa aos contactos máis próximos, e realizaráselle unha PCR a aqueles que tivesen unha relación máis directa ou presenten síntomas compatibles con coronavirus.

Tamén en Rianxo están localizados os outros dous escolares contaxiados: dous alumnos do CEIP Castelao que pertencen ao mesmo núcleo familiar. Un dos irmáns estudan primeiro de primaria e os 24 compañeiros e a titora están en corentena preventiva. No caso do outro contaxiado do colexio rianxeiro, que estuda sexto curso, só illouse aos cinco compañeiros máis próximos.

Rear view of large group of students raising their arms to answer the question on a class at elementary school.