Baixan os casos de Covid19 en Galicia pero suben na área Santiago- Barbanza

28 Setembro 2020

Os novos contaxios de coronavirus e a positividade dos PCR caen a niveis inéditos desde agosto en Galicia. O conxunto das áreas galegas ofrecen un descenso próximo ao cento de casos activos en só 24 horas e só dúas áreas arroxan datos de subida.

A área sanitaria de Santiago- Barbanza sube en seis casos e chega ós 583 positivos.
Hai 36 hospitalizados (35 Hospital Clínico de Santiago: 6 deles en Unidades de Críticos + 1 no Hospital La Rosaleda)
Pacientes curados: 3.041
PCR realizadas: 72.249

Respecto a Galicia a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.353, deles 999 son da área da Coruña, 552 da de Lugo, 743 da de Ourense, 811 da de Pontevedra, 512 da área de Vigo, 583 da de Santiago, e 153 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 32 están en UCI, 210 en unidades de hospitalización e 4.111 no domicilio.

Polo de agora, en Galicia hai un total de 18.534 persoas curadas, rexistrándose 731 falecementos. A última persoa falecida nun centro hospitalario foi un varón de 61 anos, que estaba ingresado no HULA, e presentaba patoloxías previas. O número de PCR realizadas é de 469.694.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A mellor, a da casa”. Luís Celeiro

“A mellor, a da casa”. Luís Celeiro

Todo ao grande, como debe de ser para aparentar fartura. En A Cañiza, neste mesmo ano,Alberto fixo o bocadillo máis grande que se coñece no mundo. Era de xamón, tan grandeque ninguén era quen de comelo enteiro. A barra de pan medía uns vinte metros delonxitude e a...

“Amigos”. Xulio Xiz

“Amigos”. Xulio Xiz

Eu era de facer anotacións de todo tipo, ata que as novas tecnoloxías me mudaron os hábitos. Hai anos utilizaba unha relación de varios folios onde tiña clasificados por orde alfabética amigos e coñecidos con enderezo, teléfonos e correos electrónicos. E, á parte,...