As ANPAs da comarca trasladan ao BNG as súas inquedanzas ante o inicio do curso

09 Setembro 2020

Os parlamentarios do BNG Rosana Pérez e Manuel Lourenzo reuníronse este martes 8 de setembro con Asociacións de Nais e Pais de Alumnado da comarca do Barbanza para dar conta das accións desenvolvidas polo grupo parlamentario nacionalista ao respecto do inicio do curso escolar e das incertezas que xorden deste feito e do incremento diario de casos de contaxio pola COVID.

Segundo lles transmitiu o BNG, a este clima “contribúe o protocolo emitido pola Xunta de Galiza, o cal non cumpre con algúns dos criterios acordados na Conferencia Estatal de Educación, nomeadamente a distancia de 1,5 m entre alumnado”. Os nacionalistas recordaron que defenden “un inicio do curso escolar presencial e seguro, cos investimentos precisos que garantan a máxima seguridade da poboación escolar”.

Os deputados puxéronse a disposición das asociacións educativas da Barbanza para acoller “calquera cuestión que queiran trasladar ao Parlamento”.

Pola súa parte, as ANPAs trasladáronlles a preocupación que lles crea o protocolo da Xunta e o inminente inicio do curso escolar, amais de laiarse pola “falta de diálogo” co Goberno galego a respecto destas cuestións. Tamén lamentaron que a Consellaría de Educación “trasladase a responsabilidade a concellos, direccións e ANPAS”.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“La guerra como negocio de la atrocidad”. Alberto Barciela

“La guerra como negocio de la atrocidad”. Alberto Barciela

Asistimos en el tablero de Oriente Próximo a una representación dramática de la discordia entre la moral y la política. El conflicto que involucra a Irán y sus vecinos pone de manifiesto cómo el moralista político -aquel que forja una moral ad hoc para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.