Xa está plenamente operativa a nova sede da Policía Local de Rianxo

31 Agosto 2020

A Policía Local de Rianxo formalizou definitivamente o seu traslado á rúa Rosalía de Castro, concretamente ao número 2 do dito viario, trala igrexa da Guadalupe. As novas instalacións, que foron presentadas nos seus detalles hai meses, teñen 201 metros de superficie e constan dun andar baixo, que se destina a atención ao público, e un primeiro piso, restrinxido para o traballo dos axentes, que están comunicados entre si a través de escaleiras e dun ascensor.

As obras realizáronse ao abeiro do Plan Único (Deputación da Coruña e Concello de Rianxo) por importe de 108.000 euros e incluíron, adicionalmente, rede de transmisións e antenas, equipamento informático, enreixado e mobiliario. O obxectivo foi pór en xogo “unhas instalacións máis modernas e operativas”. Neste días realizou o troco de materiais e equipos e comezou a andaina na nova sede. O teléfono de atención non muda: 981 860 625.

Outros artigos

Rianxo e A Estrada xa son oficialmente concellos irmáns

Este luns 19 de outubro formalizouse finalmente a sinatura do protocolo de irmandamento entre os concellos da Estrada e Rianxo, historicamente unidos polas figuras de Virxinia Pereira Renda (A Estrada) e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo). A fraternidade...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.